Según o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, se entende por recoñecemento de créditos a aceptación por unha universidade dos créditos que, habendo sido obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou outra universidade, son computados noutras distintas a efectos da obtención dun título oficial. Asi mesmo, poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos cursados noutras ensinanzas superiores oficiais ou en ensinanzas universitarias conducentes á obtención doutros títulos, aos que se refire o artigo 34.1 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.

A transferencia e recoñecemento de créditos nos ensinos de grao deberán respetar as seguintes regras básicas:

  • Sempre que o título ao que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento un número de créditos que sexa polo menos o 15 por cento do total dos créditos do título, correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
  • Sempre que a titulación de destino á que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
  • Tamén serán obxecto de recoñecemento os créditos obtidos naquelas outras materias de formación básica pertencentes á rama de coñecemento do título ao que se pretende acceder.
  • O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola Universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e coñecementos asociados ás restantes materias cursadas polo estudante e os previstos no plan de estudos ou ben que teñan carácter transversal.

 
Recoñecementos concedidos ao Grao en Enxeñaría Aeroespacial *
* A información ten carácter orientativo. O recoñecemento de créditos é competencia da comisión correspondente.

 

Por outra banda, o estudantado poderá obter o recoñecemento de ata 6 créditos ECTS pola súa participación en actividades culturais universitarias, deportivas, de representación estudiantil, solidarias ou de cooperación. Esta cantidade sustraerase do total de créditos de materias optativas a cursar. A normativa para este tipo de recoñecementos está dispoñible no seguinte enlace.

 

Criterios de admisión para as prazas asignadas por recoñecemento de 30 créditos ECTS

Ordenarase aos alumnos pola nota media dos créditos recoñecidos (tendo en conta unicamente os 30 ECTS con mellor nota) multiplicada por un factor de corrección F que depende da titulación de procedencia:

  • F=1 se provén dun Grao de Enxeñaría Aeroespacial ou titulación similar.
  • F=0.9 se procede dun dos seguintes Grao en Enxeñaría ou titulación similar: Enx. Industrial, Enx. de Telecomunicacións, Enx. De Minas, Enx. Naval, Enx. Civil, Enx. Física.
  • F=0.8 para o resto de titulacións.

En caso de empate, será seleccionada a persoa con maior número de créditos recoñecidos. En caso de persistir o empate, a selección farase pola media do expediente académico.