As mencións que se ofertan para o Grao en Enxeñaría Aeroespacial son as seguintes:

Mención Aeronaves

Este módulo de 66 créditos ECTS cobre as competencias do bloque de tecnoloxía específica de Aeronaves descritas na Orde CIN/308/2009. O alumno deberá optar obrigatoriamente por este bloque se desexa cursar a mención de Aeronaves, sendo por tanto a súa elección obrigatoria para obter esta Mención aínda que as materias que o compoñen teñen todas elas carácter optativo.

Materias complementarias de mención
Este módulo está formado por 12 créditos ECTS estruturados en 2 materias de 6 créditos ECTS cada unha e son complementarias ao bloque de Mención en Aeronaves. Do mesmo xeito que o bloque anterior, o alumno deberá optar obrigatoriamente por este bloque se desexa cursar a mención de Aeronaves, sendo por tanto a súa elección obrigatoria para obter esta Mención aínda que as materias que o compoñen teñen todas elas carácter optativo.

Materia ECTS Tipo Curso Sem.
Mecánica de Sólidos e Estruturas Aeronáuticas 9 OP
Mecánica de Fluidos II e CFD 9 OP
Mecánica do Voo 6 OP
Aerodinámica e Aeroelasticidade 9 OP
Deseño Mecánico, MEF e Vibracións 9 OP
Aeronaves de Á Fixa e Rotatoria 9 OP
Vehículos Espaciais 6 OP
Mantemento e Certificación de Vehículos Aeroespaciais 9 OP
Aerorreactores e Motores Alternativos Aeronáuticos
(materia complementaria)
6 OP
Enxeñaría de Sistemas e Comunicacións Aeroespaciais
(materia complementaria)
6 OP

Mención equipos e materiais aeroespaciais

Este módulo de 66 créditos ECTS cobre as competencias do bloque de tecnoloxía específica de Equipos e Materiais Aeroespaciais descritas na Orde CIN/308/2009. O alumno deberá optar obrigatoriamente por este bloque se desexa cursar a mención de Equipos e Materiais Aeroespaciais, sendo por tanto a súa elección obrigatoria aínda que as materias que o compoñen teñen todas elas carácter optativo.

Materias complementarias de mención
Este módulo está formado 24 créditos ECTS estruturados en 3 materias de 6 créditos ECTS cada unha e son complementarias ao bloque de Mención en Equipos e Materiais Aeroespaciais. Do mesmo xeito que o bloque anterior, o alumno deberá optar obrigatoriamente por este bloque se desexa cursar a mención de Equipos e Materiais Aeroespaciais, sendo por tanto a súa elección obrigatoria aínda que as materias que o compoñen teñen todas elas carácter optativo.

Materia ECTS Tipo Curso Cuad.
Mecánica de Sólidos e Estruturas Aeronáuticas 9 OP
Mecánica de Fluidos II e CFD 9 OP
Mecánica do Voo 6 OP
Aerodinámica e Aeroelasticidade 9 OP
Aleacións e Materiais Compostos Aeroespaciais 9 OP
Control e Optimización 6 OP
Mecánica Analítica e Orbital 6 OP
Sistemas de Propulsión 6 OP
Vehículos Aeroespaciais 6 OP
Cálculo Numérico
(materia complementaria)
6 OP
Enxeñaría de Sistemas e Comunicacións Aeroespaciais
(materia complementaria)
6 OP

 

Para a obtención do título de grao o alumno deberá superar todos os módulos obrigatorios (formación básica, común á rama aeronáutica, optativas dunha das mencións e Traballo de Fin de Grao). Tamén deberá alcanzar os 240 créditos ECTS polo que deberá cursar 18 créditos ECTS das materias optativas ofertadas ou realizar as prácticas en empresa que se ofertarán como opción alternativa.

A Universidade habilitará os mecanismos necesarios para que o alumno ou a alumna realice a elección dunha mención que se corresponda cunha das dúas tecnoloxías específicas ofertadas. O cambio de mención será posible mediante solicitude escrita ao Director do Centro, quen poderá ou non autorizar o mesmo. A autorización do cambio de mención obrigará ao alumno, para obter o título de grao, a cursar as materias correspondentes á tecnoloxía específica da nova mención e as materias complementarias da devandita mención.