Este máster contempla a realización dun total de 60 créditos ECTS, dos cales 24 ECTS son de carácter obrigatorio e 18 ECTS de carácter optativo. Parte das materias serán impartidas desde Lugo (USC) e estarán orientadas cara ás aplicación, e outra parte serán impartidas desde Ourense (UVigo) e estarán orientadas cara á enxeñería de sistemas. Os contidos teóricos pódense seguir presencialmente ou mediante videoconferencia. Realizarase ademais 9 ECTS de Prácticas Externas obrigatorias e un Traballo Fin de Máster de 9 ECTS.

A estrutura do Máster está deseñada para que poida ser compatible coa actividade profesional.

Estrutura do plan de estudos

Universidade Materia ECTS Tipo
UVigo Fundamentos de Sistemas Aéreos non Tripulados 6 OB
USC Operacións de Sistemas Aéreos non Tripulados 6 OB
UVigo Aerodinámica, mecánica de voo e propulsión 6 OB
UVigo Sistemas de observación 6 OB

Universidade Materia ECTS Especialidade
USC Métodos de análises de datos 6 Aplicacións
USC Aplicacións no ámbito agroforestal e ambiental 6 Aplicacións
USC Aplicacións en enxeñería e arquitectura 6 Aplicacións
UVigo Sistemas de control 6 Enxeñería de sistemas
UVigo Sistemas de navegación e comunicación 6 Enxeñería de sistemas
UVigo Desenvolvemento de software crítico 6 Enxeñería de sistemas

Universidade Materia ECTS Tipo
Ambas Prácticas Externas 9 OB
Ambas Traballo fin de Máster 9 OB