No Consello de Goberno de data 17 de xullo de 2015 aprobouse a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, sendo ratificada a súa creación polo Consello Social, na sesión do día 23 de xullo de 2015, e aprobada polo Consello da Xunta de Galicia o día 12 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 16, de 24 de xaneiro de 2017).

A creación desta Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo supón a constitución da xunta de escola, órgano colexiado de representación e de decisión integrado polos sectores de profesorado, estudantes e PAS.

Dado que o primeiro curso da titulación de Grao en Enxeñaría Aeroespacial comezou a impartirse no curso académico 2016/2017, antes da aprobación oficial da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, e sendo necesaria a existencia dun órgano de goberno que enfrontara a xestión dos estudos e as instalacións, mediante Resolución Reitoral do día 16 de maio de 2016 atribuíronse temporalmente as competencias da xunta de escola á xunta de titulación.

Finalizada esa etapa extraordinaria, debe levarse a cabo o proceso de elección de membros da xunta de escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

A tal efecto aprobouse unha normativa específica que regula provisionalmente estas eleccións.

Regulamento electoral xeral da universidade de Vigo (aprobado polo Claustro Universitario o día 15 de outubro de 2019 e modificado nas sesións de 16 de outubro de 2020, 29 de outubro e 17 de decembro de 2021)

O calendario para as eleccións do curso 2021/2022 é o seguinte (aprobado pola Xunta Electoral o 20/12/2021):

Proceso Data
Sorteo dos membros da Xunta Electoral 15 de decembro de 2021
Constitución da Xunta Electoral 20 de decembro de 2021
Data de exposición dos censos provisionais
Censos provisionais
10 de xaneiro de 2022
Prazo de reclamacións aos censos provisionais Do 11 ao 18 de xaneiro de 2022
Publicación dos censos definitivos
Censos definitivos
20 de xaneiro de 2022
Prazo de presentación de candidaturas Do 21 ata o 28 de xaneiro de 2022
Data de proclamación provisional de candidatos e candidatas
Candidaturas provisionais
31 de xaneiro de 2022
Prazo de presentación de reclamacións á proclamación provisional de candidaturas Do 2 ao 4 de febreiro de 2022
Proclamación definitiva de candidatos e candidatas
Candidaturas definitivas
7 de febreiro de 2022
Período da campaña electoral Do 8 ao 10 de febreiro 2022
Xornada de reflexión 11 de febreiro de 2022
Día de votación 14 de febreiro de 2022
Proclamación provisional de candidatas e candidatos electos
Proclamación provisional
16 de febreiro de 2022
Prazo de reclamacións á proclamación provisional de candidatas e candidatos electos Do 17 ao 21 de febreiro de 2022
Proclamación definitiva de candidatas e candidatos electos
Proclamación definitiva
23 de febreiro de 2022