O Traballo de Fin de Máster (TFM – 9 créditos ECTS) forma parte como módulo, materia ou disciplina do plan de estudos de todo título oficial de mestrado. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación, teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos.

O traballo de fin de máster é un traballo persoal e orixinal tanto no título como nos contidos, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título. En ningún caso, pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación nesta ou noutra universidade, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos nas actividades doutras materias da titulación.

O traballo de fin de máster poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura dunha persoa cotitora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica compartirá coa persoa cotitora, as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será, en calquera caso, responsabilidade do titor/a facilitar a xestión.

Para as liñas de traballo consultar co coordinador Higinio González.

Regulamento do Traballo Fin de Máster da Universidade de Vigo

Regulamento do Traballo Fin de Máster na Escola de Aeronáutica

 

Matrícula no TFM

Para poder matricularse no traballo de fin de máster será requisito imprescindible ter matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos.

A matrícula do traballo de fin de máster realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos estudos de máster.

 

Depósito do TFM

Para poder realizar o depósito do TFM previo á súa defensa é preciso estar correctamente matriculado/a e contar co informe favorable da persoa ou persoas que titoricen o traballo.

O estudantado deberá realizar o depósito na convocatoria na que vaia a efectuar a defensa e sempre dentro das datas establecidas para o efecto, que serán fixadas pola dirección da Escola de Enxeñería Aeronáutica e non poderán coincidir cos períodos de depósito de TFG. Transcorridas todas as convocatorias dun mesmo curso sen que se levara a cabo o depósito, o/a estudante deberá volver matricularse.

 

Calendario de defensa do TFM

Convocatoria Solicitude defensa Defensa
Fin de carreira do 02/11/2020 ao 06/11/2020 20/11/2020
2º cuadrimestre (xuño) do 01/06/2021 ao 04/06/2021 15/06/2021
2º oportunidade (xullo) do 29/06/2021 ao 02/07/2021 14/07/2021

Coordinador TFM

Higinio González Jorge
+34 988 387 272
higiniog@uvigo.es