Competencia Básica 1 (CB1):
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

Competencia Básica 2 (CB2):
Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.

Competencia Básica 3 (CB3):
Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

Competencia Básica 4 (CB4):
Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.

Competencia Básica 5 (CB5):
Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

Competencia Xeral 1 (CG1):
Que o estudantado adquira coñecementos xerais en enxeñería de sistemas aéreos non tripulados.

Competencia Xeral 2 (CG2):
Que o estudantado adquira coñecementos xerais en operación dos sistemas aéreos non tripulados.

Competencia Xeral 3 (CG3):
Que o estudantado adquira a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito dos sistemas aéreos non tripulados e determinen a mellor solución tecnolóxica para a mesma.

Competencia Xeral 4 (CG4):
Que o estudantado adquira o coñecemento para desenvolver sistemas aéreos non tripulados ou planificar operacións específicas, dependendo das necesidades existentes e aplicar as ferramentas tecnolóxicas existentes.

Competencia Xeral 5 (CG5):
Que o estudantado coñeza e sexa capaz de aplicar os principios e metodoloxías da investigación como son as procuras bibliográficas, a toma de datos e a análise e interpretación dos mesmos, así como a presentación de conclusións, de forma clara, concisa e rigorosa.

Competencia Específica 1 (CE1):
Que o estudantado coñeza os principais sistemas dunha aeronave non tripulada.

Competencia Específica 2 (CE2):
Que o estudantado coñeza as boas prácticas existentes na operación de sistemas aéreos non tripulados e saiban aplicar a normativa en vigor.

Competencia Específica 3 (CE3):
Que o estudantado entenda o funcionamento dos sistemas de comunicacións e navegación por radio dos sistemas aéreos non tripulados.

Competencia Específica 4 (CE4):
Que o estudantado coñeza os diferentes sensores embarcados nos sistemas aéreos non tripulados, así como os principais algoritmos de procesamento.

Competencia Específica 5 (CE5):
Que o estudantado entenda e saiba utilizar as diferentes técnicas de control de aeronaves non tripuladas existentes.

Competencia Específica 6 (CE6):
Que o estudantado coñeza as diferentes cargas útiles baseadas en sensores de pasivos (imaxe), así como os principais algoritmos de procesamento da información.

Competencia Específica 7 (CE7):
Que o estudantado coñeza as diferentes cargas útiles baseadas en sensores activos (LiDAR e RADAR), así como os principais algoritmos de procesamento da información.

Competencia Específica 8 (CE8):
Que o estudantado coñeza as principais aplicacións dos sistemas aéreos non tripulados no ámbito agrario e forestal.

Competencia Específica 9 (CE9):
Que o estudantado coñeza as diferentes operacións cos sistemas aéreos non tripulados na xestión de recursos naturais.

Competencia Específica 10 (CE10):
Que o estudantado coñeza os fundamentos dos compoñentes do sistema territorial e teñan capacidade de deseño de operacións para a xestión de datos na análise territorial.

Competencia Específica 11 (CE11):
Que o estudantado sexa capaz de proxectar, planificar, executar e xestionar, operacións e produtos de aplicación no ámbito de actuación das Enxeñerías civil, industrial, a arquitectura e o patrimonio.

Competencia Específica 12 (CE12):
Que o estudantado entenda e saiba utilizar as Técnicas de intelixencia artificial para procesado de imaxe e vídeo e as plataformas de cómputo para dispositivos aéreos non tripulados.

Competencia Transversal 1 (CT1):
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Competencia Transversal 2 (CT2):
Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.

Competencia Transversal 3 (CT3):
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.

Competencia Transversal 4 (CT4):
Desenvolvemento do espírito innovador e emprendedor.

Competencia Transversal 5 (CT5):
Habilidades de relacións interpersoais.

Competencia Transversal 6 (CT6):
Capacidade de traballo en equipo.

Competencia Transversal 7 (CT7):
Capacidade de organización e planificación.

Competencia Transversal 8 (CT8):
Capacidade de análise e síntese.

Competencia Transversal 9 (CT9):
Capacidade de razoamento crítico e creatividade.

Competencia Transversal 10 (CT10):
Orientación á calidade e á mellora continua.