UVigo SpaceLab

UVigo SpaceLab é un equipo creado a inicios do ano 2020 cunha perspectiva multidisciplinar de estudantes universitarios dedicados ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais dentro do ámbito educacional. Os nosos integrantes son estudantes de diferentes enxeñerías dos dous Campus da Universidade de Vigo, Campus Marcosende (Vigo) e Campus da Auga (Ourense) chegando a ser 35 membros durante o curso 2021-2022.

OLLO – 3U CubeSat Study

Open Little Luminary Observatory – OLLO é un concepto de misión para un CubeSat de 3 Unidades. O obxectivo de OLLO é a divulgación científica ao público xeral a través dun telescopio orbital de acceso libre para observacións celestes.

Este estudo foi seleccionado pola Axencia Espacial Europea (ESA) para participar no taller de Enxeñería Concorrente nas súas instalacións do ESEC-Galaxia, en Bélxica. OLLO foi o primeiro estudo de misión que rematou UVigo SpaceLab e permitiu establecer e fixar a infraestrutura do laboratorio.

BIXO – 2U CubeSat Mission

BIXO (Bacteriological Intercommunication eXperiment Orbiter) é a próxima misión que levaremos a cabo que resultará clave para entender o efecto da exposición prolongada ao ambiente espacial a organismos vivos. Resulta fundamental comprender os efectos nocivos que podería ter esta exposición tanto aos humanos, como aos organismos que nos acompañan. Para lograr este obxectivo, transportaremos ao espazo cultivos bacterianos en tarxetas de milifluídica a bordo dun satélite de pequenas dimensións en formato CubeSat de dúas unidades. O experimento unha vez en órbita terá unha duración de 9 meses, que é aproximadamente o tempo que se tardaría en realizar unha viaxe da terra a marte na actualidade. Por unha banda, isto permitiranos estudar como estes procesos difiren respecto a como se producen en terra e como poden afectar o comportamento dos microorganismos a curto e medio prazo.

Contacto
Web: uvigospacelab.space
Correo: contact@uvigospacelab.space
Teléfono: 986 13 03 08
Twitter: @UvigoSpaceLab
Facebook: @uvigospacelab
LinkedIn: UVigo SpaceLab
Instagram: @uvigospacelab

UVigoMotorsport

UvigoMotorsport é un proxecto creado en 2014 por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñería Industrial que ten como obxectivo deseñar e fabricar un vehículo monopraza de competición co que participar na Formula Student. En 2019 o equipo reforzouse cunha ampla participación de alumnado da escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

Fórmula Student

Formula Student é a competición estudantil automobilística máis importante do mundo, onde universidades de todo o planeta compiten en circuítos profesionais, por ser a mellor escudaría. Cabe destacar que a Formula Student non é unha competición de carreiras ao uso, na cal os monoprazas sitúanse nunha liña de saída e gaña o máis rápido, se non que se trata dunha competición de enxeñería, onde se valoran aspectos tales como o deseño, a fiabilidade, a condución do monopraza e tamén aspectos máis teóricos, como a elaboración dun plan de negocio, custos, e unha xustificación de todas as decisións do deseño do monopraza.

Contacto
Web: uvigomotorsport.com
Correo: contacto@uvigomotorsport.com
Teléfono: 986 81 39 18
Twitter: @UVigoMotorsport
Facebook: @uvigomotorsport
LinkedIn: UVigo Motorsport
Instagram: @uvigomotorsport

UVigo Aerotech

UVigo Aerotech é un proxecto creado a comezos do 2020 por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo que ten como obxectivo deseñar e fabricar un dron de ala fixa ultralixeiro de competición co que participar na Air Cargo Challenge. O equipo forma parte de UVigo Aeromodel, proxecto que engloba outras disciplinas da enxeñaría.

Air Cargo Challenge

A Air Cargo Challenge é unha das competicións interuniversitarias de aeromodelismo máis importantes a nivel internacional. Universidades de todo o mundo compiten por deseñar e fabricar o modelo capaz de levar máis carga no menor tempo posible, mesturando os aspectos máis puros da competición como a velocidade, cos aspectos máis teóricos da enxeñería, xa que tamén é importante a entrega das xustificacións do deseño realizado.

Contacto
Correo: contacto@uvigoaerotech.com
Twitter: @UvigoAerotech
Instagram: @uvigoaerotech
LinkedIn: UVigo Aerotech
Facebook: @uvigoaerotech