As prácticas externas curriculares configúranse como unha materia optativa integrada no plan de estudos do Grao en Enxeñaría Aeroespacial (6 créditos ECTS). Están orientadas a completar e reforzar as competencias asociadas ao título. Realizaranse nun entorno laboral e profesional real relacionado con algún ámbito da titulación, baixo a supervisión dun titor/a na entidade colaboradora e un titor/a académico no centro. Estas prácticas desenvolveranse no 4º ano do Grao.
Porén, pódense pedir e realizar tamén prácticas extracurriculares, as cales son xestionadas pola FUVI (fundacionuvigo.es). As prácticas extracurriculares poderán ser recoñecidas pola materia de Prácticas en Empresa sempre e cando se cumpran os requisitos especificados no regulamento de prácticas externas da EEAE. Recoméndase ao alumnado interesado en realizar prácticas extracurriculares que se poña en contacto coa coordinadora de prácticas do centro (aero.empresas@uvigo.es).
No referente ás prácticas do Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados, recoméndase contactar ao coordinador do título (higiniog@uvigo.es).
A EEAE ten convenios de colaboración con empresas, asociacións e institucións para a realización de prácticas externas curriculares e extracurriculares.
Normativa relativa a prácticas externas
- Real Decreto 592/2014, de 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas do estudantado universitario.
- Regulamento de Prácticas Externas da Uvigo
- Regulamento de prácticas externas
- Presentación das prácticas externas
Prácticas externas curriculares 2021/2022
- Información sobre o procedemento e cronograma das prácticas curriculares no curso 2021/2022
- Listado de empresas nas que realizar as prácticas e número de prazas ofertadas 2021/2022
Coordinación das prácticas
Grao
Elena Martín Ortega
+34 988 387 032
aero.empresas@uvigo.es
Mestrado
Higinio González Jorge
+34 988 387 272
higiniog@uvigo.es