A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo é un centro preocupado polas políticas de igualdade. Para iso conta cun enlace de igualdade que ten asignadas as funcións de dinamización e implantación das políticas de igualdade, para contribuír á aplicación e seguimento das medidas propostas no Plan cara á consecución dunha situación máis equilibrada das mulleres e dos homes na institución, e está en contacto permanente coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

A Escola participa en actividades propias dentro do campus de Ourense,

  • Concurso escolar de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
  • Xornada Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, eXXperimenta en feminino

e conxuntas con outros centros, ou desenvolvidas coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

Itinerario formativo virtual en xénero

 

A perspectiva de xénero na docencia da educación superior é unha das estratexias fundamentais para promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes. Aquí podes descargar as guías de Física e Ciencias da computación para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero, promovidas e editadas orixinalmente en catalán pola Xarxa Vives d’ Universitats e trasladada á lingua galega, no marco das iniciativas financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e desenvolvidas polas oficinas de igualdade do sistema universitario galego.

 

Máis información

Contacto de Igualdade do centro

María de las Nieves Lorenzo González
nlorenzo@uvigo.es
+34 988387329