Política de calidade
A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais en que se integran. Para iso existe o compromiso de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e coas directrices establecidos.
Así se establecen as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do centro:
- Manter unha oferta formativa ligada ás necesidades e expectativas da sociedade para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento, do espírito crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
- Alcanzar o recoñecemento no ámbito nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos con especial relevancia os que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
- Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e do alumnado, fomentando a eficacia e a continuidade dos sistemas e dos procesos a ela vinculados.
- Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do sistema de garantía de calidade (SGC) como de todos os procesos vinculados coa calidade que afectan ao centro e as súas titulacións.
- Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero para remover os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
- Acadar un compromiso permanente de mellora continua como norma de conduta, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e a mellora da calidade.
Obxectivos de calidade
(metas orientativas)
Procesos Proced. |
Obxectivos | Indicadores | Meta grao | Meta máster | ||
---|---|---|---|---|---|---|
AC AC-0104 P1 AC-0201 P1 AC-0401 P1 DO DO-0202 P1 |
Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade. Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requirido. Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas. Difundir a oferta formativa. |
Evolución do estudantado matriculado en cada curso académico | 60 – 70 | 20 – 30 | ||
Ocupación da titulación | ≥ 80% | |||||
Preferencia | ≥ 80% | |||||
Adecuación | ≥ 80% | |||||
Nota media de acceso do estudantado ao título | 6 – 7 | |||||
DO DO-0201 P1 |
Mellorar os resultados académicos das titulacións. | Duración media dos estudios | 4 – 4.5 | 1 – 1.5 | ||
Taxa de rendemento | ≥ 80% | |||||
Taxa de abandono | < 20% | < 5% | ||||
Taxa de eficiencia | ≥ 90% | |||||
Taxa de graduación | ≥ 50% | |||||
Taxa de éxito | ≥ 90% | |||||
Xestionar de forma efectiva os programas formativos. | Seguimento das titulacións | 100% | ||||
Acreditación das titulacións | 100% | |||||
PE PE-01 P1 PE-02 P1 |
Mellorar a cualificación do PDI e do PAS. | Cualificación do PDI | ≥ 50% | |||
Resultados de investigación de carácter académico | ≥ 40% | |||||
% de PAS en programas de formación | ≥ 75% | |||||
MC MC-05 P1 |
Mellorar a satisfacción dos grupos de interese. | Grao de satisfacción das persoas tituladas | ≥ 3 sobre 5 | |||
Grao de satisfacción das empresas empregadoras | sen datos | |||||
Grao de satisfacción do profesorado | ≥ 4 sobre 5 | |||||
Grao de satisfacción do alumnado | 3 sobre 5 | |||||
DE DE-02 P1 |
Certificación da implantación do SGC do centro. | Certificación da implantación de sistemas de calidade | obter a certificación |