Na Escola
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo dispón dos seguintes mecanismos de apoio e orientación ao estudantado matriculado no centro:
Xornada de benvida
O Acto de Benvida ao novo estudantado do 1º curso de grao celébrase ao comezo do curso académico para dar a coñecer o centro e os seus órganos colexiados, a organización académica, o PAT, os programas de mobilidade, …
No acto tamén participa persoal da Biblioteca, do Servizo de Deportes, da Oficina de Voluntariado, e da Oficina de Relacións Internacionais para explicar os servizos que ofrecen e os principais programas que xestionan.
Acto de presentación
O Acto de Presentación ao estudantado do 2º, 3º e 4º curso de grao realizase durante a primeira semana do curso académico.
Neste acto, o coordinador/a de cada curso informa, fundamentalmente, sobre as distintas materias do curso. Tamén se potencia a súa participación nos programas de mobilidade e voluntariado. Lémbrase a importancia de que participen nos órganos de decisión do centro e da universidade e tamén nos distintos procesos de avaliación da satisfacción, por constituír dous instrumentos fundamentais para a mellora.
Plan de Acción Titorial
O Plan de acción titorial (PAT) da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria para as titulacións de grao e máster do centro. Préstaselle unha especial atención ao estudantado de novo ingreso, de cara a favorecer a súa integración na vida universitaria e a atender as súas necesidades formativas e informativas, e ao que está rematando os seus estudos.
Na Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo conta cos seguintes sistemas de apoio e orientación do estudantado unha vez matriculado:
A disposición do estudantado para orientar e asistir tanto en cuestións académicas como noutras de índole persoal. Preténdese cumprir os seguintes obxectivos:
- Asesorar ao estudantado na planificación e desenvolvemento da súa traxectoria académica e profesional.
- Adecuar e optimizar as decisións académicas, maximizando a variedade das posibilidades das saídas profesionais.
- Incrementar os niveis de autoestima e de motivación persoal e profesional.
- Mellorar os hábitos de estudo, a organización dos traballos e aprender distintas técnicas de estudo para acadar un maior éxito ao longo da carreira.
O Programa de Apoio á Integración do Alumnado con Necesidades Especiais (PIUNE) foi deseñado para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.
Os obxectivos deste servizo son:
- Informar e orientar ao futuro estudantado universitario sobre:
- O acceso á universidade, notas de corte, vinculacións dos estudos medios cós universitarios, pasarelas, etc…
- A oferta educativa da Universidade de Vigo e outras universidades nacionais.
- Informar tanto ao actual estudantado universitarios, como ao que xa rematou a súa carreira sobre:
- Todo o que a Universidade de Vigo ofrece durante a súa permanencia na mesma.
- As posibilidades de formación unha vez rematada a carreira (mestrados e cursos de especialización, outros cursos, xornadas, premios, congresos, …) e tamén bolsas ou axudas convocadas por institucións externas á Universidade de Vigo.
Atópase dotada de persoal técnico que traballa para:
- Proporcionar un servizo integral de información, asesoramento e formación no ámbito da orientación profesional para o emprego.
- Fomentar as oportunidades de achegamento á práctica e ao exercicio profesional do estudantado.
- As principais áreas de actuación son:
- Xestión de prácticas en empresas e institucións públicas e privadas.
- Xestión de ofertas de emprego.
- Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego.
- Formación para o emprego.
As principais áreas de actuación son:
- Xestión de prácticas preprofesionais en empresas e institucións públicas e privadas.
- Xestión de ofertas de emprego.
- Asesoramento personalizado para a elaboración do itinerario profesional axustado a cada perfil.
- Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego.
- Accións en grupo para a busca activa de emprego.
- Información e asesoramento a empresas e institucións na busca do perfil universitario axustado para cubrir prácticas/postos de traballo.
- Deseño e implementación de estudos sobre diversos temas que afecten ao mercado laboral e á inserción laboral do estudantado.
Visita a web da Área de Emprego
Leva a cabo, entre outras, as seguintes actividades:
- Información e asesoramento á comunidade universitaria sobre os diferentes programas internacionais no ámbito da educación superior.
- Fomento e xestión da mobilidade de estudantado e profesorado propio e estranxeiro, en especial no marco dos programas Sócrates, ISEP, bolsas MAE e programas de cooperación da Universidade de Vigo.
- Con respecto ao estudantado da Universidade de Vigo proporciona: asesoramento ás persoas seleccionadas con estes programas sobre a documentación que deben presentar, información sobre a contía das bolsas e posibles axudas complementarias, así como sobre as xestións que teñen que realizar coas universidades de destino.
- Con respecto ao profesorado da Universidade de Vigo, a ORI facilita información sobre os programas de intercambio de docencia e programas de cooperación internacional.
- Con respecto ao estudantado estranxeiro, xestiona a aceptación do que participa nun programa de intercambio, elabora a Guía do estudantado estranxeiro e envía os paquetes informativos sobre a Universidade de Vigo, con información sobre os diferentes campus e cidades, recepción, visados, viaxe, busca de aloxamento, matrícula e posibilidades de estudos en colaboración cos responsables de relacións internacionais.
- Elaboración e negociación de acordos de cooperación internacional.
- Asegura a presenza da Universidade de Vigo en foros e encontros de educación internacionais.
A Universidade de Vigo ten como prioridade, en liña coa Axenda 2030, favorecer a cultura do respecto, da igualdade e da inclusión, garantindo que todas as persoas que conforman a nosa comunidade poidan desenvolver a súa actividade académica e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencias de xénero e de máximo respecto dos dereitos humanos.
A Unidade de Igualdade dispón dos seguintes recursos:
Presentación da Unidade de Igualdade