No curso 2024/2025 a oferta de titulacións da Escola amplíase cun Programa Académico con Percorrido Sucesivo (PARS) en Máster en Enxeñería Aeronáutica vía o Grao en Enxeñería Aeroespacial. O PARS non constitúe unha nova titulación, senón que proporciona itinerarios curriculares específicos que permiten cursar as dúas titulacións oficiais vinculadas preexistentes para, unha vez finalizados os estudos, obter ambos os títulos.
Ambas as titulacións manteñen a súa diferenciación e independencia estrutural; é dicir, segue habendo as mesmas materias, as mesmas mencións no grao e as mesmas condicións de terminación que hai en ambas as titulacións por separado.
Este programa (segundo a DA9 do R.D. 822/2021), contempla a realización dun Grado (que habilita para a profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a Aeronáutico/a) e un Mestrado (habilitante para a profesión de Enxeñeiro/a Aeronáutico/a) vinculados de maneira sucesiva, como formación completa de ambos ciclos.
Unha vez que ao/á estudante lle resten por finalizar como máximo 30 ECTS do Grao, poderá acceder e matricularse no Mestrado vinculado. Aínda que TFG e TFM deben ser traballos diferenciados, poderanse realizar de forma integrada, con continuidade no proceso de elaboración.
O/A estudante non adquire ningunha obriga de realizar o dito Mestrado, podendo decidir finalizar os seus estudos na Escola co Grao.
O/A estudante recibirá sucesivamente, no su caso, o título de Grao e o título de Mestrado oficiais.