Albo López

Profesor/a asociado/a

Área de Enxeñaría Eléctrica
Departamento de Enxeñaría Eléctrica

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Pavillón Manuel Martínez-Risco
Despacho 57
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 240
aalbo@uvigo.gal

Breve CV

Son Enxeñeira de Minas na intensificación de Enerxía, pola Universidade de Vigo. Actualmente, traballo como profesional autónomo realizando servizos de enxeñaría e asesoramento técnico relacionados coa eficiencia enerxética e as enerxías renovables. Tamén imparto docencia no Máster en Enerxía e Sustentabilidade da Universidade de Vigo nas materias de “Enerxía solar térmica e fotovoltaica” e “Eficacia, aforro e auditoría enerxética”, desde o ano 2007. A maior parte da miña traxectoria profesional desenvolveuse no ámbito da enerxía: eficiencia, auditorías, enerxías renovables, certificación, desenvolvemento de proxectos europeos (LIFE, H2020…). Traballei durante cinco anos na Consellería de Industria da Xunta de Galicia e un ano en Norcontrol, S.A. Desde outubro do 2004 ata agosto de 2017 fun responsable da área técnica na Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo. Son Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais: especialidades Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Estou acreditada para a realización de Protocolos de Medida e Verificación por Efficiency Valuation Organization (EVO) – Association of Energy Engineers mediante o Certified Measurement and Verification Professional (CMVP). Ademais, realicei o Programa de Doutoramento “Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente” pola Universidade de Vigo e obtiven a correspondente suficiencia investigadora.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría Aeroespacial

O07G410V01302 | Enxeñaría eléctrica

2º cuadrimestre