Obxectivo xeral
Axudar na defensa dos dereitos das persoas consumidoras.
Obxectivo específico
Educar, reivindicar, colaborar en sede e potenciar a nova persoa consumidora.
Destinatarios do programa
Poboación en xeral
Perfil das persoas voluntarias
As persoas voluntarias non precisan coñecementos previos, cada unha colaborará en función das súas posibilidades e aptitudes.
Cantos mais sexamos na defensa das persoas consumidoras mellor, posto que mais logros acadaremos.
Funcións da persoa voluntaria
Colaborar en:
- Organizar e impartir obradoiros e outras actividades de educación e formación dos dereitos das persoas consumidoras, especialmente aquelas vinculadas a proxectos.
- Accións de reivindicación de casos colectivos.
- Organización e participación activa en campañas de sensibilización e concienciación.
- Mobilización dos grupos temáticos e comités de persoas afectadas.
- Apoio nos casos colectivos da asociación.
- Apoio nas accións extraxudiciais na defensa das persoas consumidoras.
- Elaboración de materiais formativos e informativos.
- Tarefas propias cotiás da delegación de Adicae.
- Plans de difusión das actividades e obxectivos da asociacións e fomento do asociacionismo.
Actividades que van a desenvolver
A persoa voluntaria levará a cabo a súa colaboración solidaria nas funcións arriba descritas sempre como labor auxiliar e libre e que se concretarán, na práctica, en actividades como as seguintes:
- Preparación e desenvolvemento de asembleas, comités de participación, reunións de grupos temáticos e outras actividades de persoas socias e/ou afectadas ou abertas a calquera público.
- Adquisición de coñecementos para organización de ditas actividades.
- Contactos previos para difusión das mesmas.
- Contacto posterior coas persoas asistentes para aumentar a súa implicación.
- Recopilación de información de utilidade sobre asistencia, perfís das persoas que acoden e problemas ou dúbidas formuladas.
- Apoio no deseño dun plan formativo ou de acción a nivel local para persoas consumidoras (localizar entidades, contactalas, presentarlles información, establecemento de calendario de actividades).
- Uso de bases de datos da asociación ou elaboración propia (respectando a LOPD).
- Coñecemento de publicacións, materiais e proxectos da asociación e difusión dos mesmos.
- Propostas de ideas e contidos para materiais formativos e elaboración das mesmas.
- Adquisición de coñecementos sobre casos colectivos, reclamacións e demandas que atende a asociación.
- Atención ao público buscando o trato e fomento de empatía con outras persoas consumidoras.
- Seguimento de informacións de consumo, sobre todo a nivel local.
- Adquisición de coñecemento e seguimento da lexislación básica en materia de consumo.
- Realización dalgún trámite administrativo para solicitar permisos de actividades reivindicativas.
- Participación en encontros e entrevistas con persoas con responsabilidade pública e política en tanto que persoa voluntaria nunha organización de defensa dos dereitos das persoas consumidoras.
- Axuda a persoas consumidores na presentación dunha reclamación.
- Monitor/a de taller de alfabetización dixital básica.
Lugar de realización das actividades
Delegación de ADICAE – Rúa Velázquez Moreno, 9 – 5º Planta – 36201 Vigo.
Tempo de dedicación das persoas voluntarias
Flexible, segundo disponibilidade das persoas voluntarias.
Pídese compromiso e constancia. Desde unha hora á semana a todos os días de luns a venres.
Inscrición