Rodríguez Pérez

Profesor/a asociado/a

Área de Mecánica de Fluídos
Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Pav. Manuel Martínez-Risco, Despacho 78
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 032
lurodriguez@uvigo.es

Breve CV

Enxeñeiro Aeronáutico pola ETSIA da UPM de Madrid (Plan de 1974 – 6 cursos). Alumno directo de Amable Liñan Martínez e de Ignacio Da Riva de la Cavada. Docente, como profesor asociado desde o curso 90/91 na escola de enxeñeiros industriais de Vigo (nome actual), nas materias: Mecánica de Fluidos, Máquinas Hidráulicas, Instalacións Hidráulicas, Deseño de Máquinas Hidráulicas, propias da área de mecánica de fluidos; e materias compartidas con outras áreas, de nome composto, pero cuxo contido era algún dos antes nomeados. Dirección de PFC (PFG agora) cunha media de 1,8 por ano desde o curso 94/95. Algúns destes proxectos foron de contido aeronáutico, coma un planeador en materiais compostos, unha mini-turbina para un aeromodelo, un heliporto, e diversas instalacións de aeronaves. Como profesional enxeñeiro aeronáutico para a empresa Aeronaves del Noroeste S.L. (AIRNOR) desde o ano 88, e como director técnico e RGMA da mesma empresa desde o ano 96. Esta empresa non só opera avións e helicopteros senon que tamén está autorizada como centro Part 145 para levar a cabo o mantemento das súas máquinas. Citando algunhas máquinas que se mantiveron na empresa; avións de hélice e pistón, turbohélices e reactores: cessna 172, navajo, mitsubishi, citation 500 e 550; e helicopteros de motor alternativo e de turbina: Bell 47, Alouette II, Hughes 500, Ecureuil 350, 355, B4, Robinson R-22, etc., realizando sobre elas todo tipo de revisións, incluidos os overhaul cando foi preciso. Ademais, no ámbito industrial, enxeñeiro en ENCE, director de xestión e despois xefe de mantemento en hospitais do Sergas. Unha ducia de proxectos de corte industrial e outros tantos aeronáuticos no ámbito de heliportos, aeroportos deportivos, planeadores e ultralixeiros, así como diversas colaboracións en proxectos diversos e nalgunha liña de investigación na escola de industriais de Vigo, en varias ocasións. Completados tamén os cursos de doutoramento no bienio 95/96 – 96/97, pero sen realizar a tese por falta de tempo.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría Aeroespacial

O07G410V01922 | Mecánica de fluídos II e CFD

2º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría Aeroespacial

O07G410V01402 | Mecánica de fluídos