Parajó Liñares

Catedrático/a de universidade

Área de Enxeñaría Química
Departamento de Enxeñaría Química

Información de contacto

Facultade de Ciencias
Edificio Politécnico
Despacho 203
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 033
jcparajo@uvigo.es

Breve CV

36 anos de experiencia docente impartindo materias de Química, Enxeñaría Química e disciplinas relacionadas. Dirección de múltiples traballos de grao e posgrao, incluíndo 22 Teses de Doutoramento. Investigación centrada no estudo experimental, modelización, simulación e avaliación de procesos químicos e biotecnolóxicos de baixo impacto ambiental que empregan a biomasa vexetal como materia prima para a produción sostible de compostos e materiais de elevado valor engadido. Pertencente ao equipo de investigación EQ-2 da Universidade de Vigo, recoñecido como grupo de referencia competitiva pola Xunta de Galicia desde 2007. Investigador responsable de proxectos europeos, nacionais e autonómicos; e de contratos vinculados a proxectos de orientación industrial. Autor de máis de 250 artigos publicados en revistas incluídas no Journal of Citation Reports (JCR), dos cales máis do 85% corresponden a revistas Q1 (incluídas no primeiro cuartil de polo menos un epígrafe do JCR). Avaliación positiva en seis sexenios de investigación.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría Aeroespacial

O07G410V01203 | Química: Química

Investigación

Grupo de investigación

Enxeñería Química