Curso académico 2024/2025
Estudos de grao
Titulación | Prazas | Calendario | Matrícula |
---|---|---|---|
Grao en Enxeñaría Aeroespacial | 50 | Cal. preinscrición Cal. académico |
Automatrícula Continuación |
Convocatoria de matrícula 2024/2025 – estudos de grao
Incorporación de estudantes
Para poder matricularse en primeiro curso por primeira vez en titulacións oficiais hai que ter concedida previamente a admisión. A preinscrición farase polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG) a través dos procedementos telemáticos establecidos na súa web. O calendario de preinscrición pode consultarse na seguinte ligazón.
A nota de corte da titulación de Enxeñaría Aeroespacial no curso 2023/2024, polo procedemento xeral de admisión, foi de 12,090.
Na Universidade de Vigo non existe o trámite de reserva de praza polo que a persoa convocada pola CiUG para matricularse nunha titulación oficial, no momento no que a formalice a través da secretaría virtual, quedará matriculada independentemente de que entregue ou non a documentación necesaria e de que os prezos públicos estean ou non aboados. O feito de non entregar a documentación e/ou non aboar os prezos públicos non implica que a matrícula non estea formalizada nin a anulación automática da mesma.
Matrícula
Tanto a xestión dos trámites académicos como a información e consultas relacionadas coa matrícula no Grao en Enxeñaría Aeroespacial levaranse a cabo polo persoal da administración do edificio politécnico (Facultade de Ciencias e ESEI, na planta baixa).
O horario de atención ao público é de 8.30 a 14.30 horas (durante os meses de xullo, agosto e periodos non lectivos de Nadal e Semana Santa é de 9.00 a 14.00 horas).
Estudos de mestrado
Titulación | Prazas | Calendario | Matrícula |
---|---|---|---|
Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados | 12 | Cal. preinscrición Cal. académico |
Automatrícula |
Convocatoria de matrícula 2024/2025 – estudos de posgrao
Prezos e exencións
Consulta a información económica relacionada coa matrícula, o custo dos estudos, as modalidades de abonamento, os descontos ou as exencións e as axudas do programa propio da UVigo para persoas con dificultades económicas no seguinte enlace: Prezos públicos.
- 03/07/2024 – Decreto 164/2024, do 24 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema Universitario de Galicia para o curso académico 2024/2025
- 08/07/2024 – Normas económicas derivadas da xestión académica na UVigo 2024/2025
Máis información
Para consultas sobre a matrícula, contáctenos a través do seguinte e-mail: act@uvigo.gal