O Traballo de Fin de Máster forma parte como módulo, materia ou disciplina do plan de estudos de todo título oficial de mestrado. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación, teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos.
No Máster en Enxeñaría Aeronáutica é unha materia obrigatoria integrada no plan de estudos (12 créditos ECTS).
No Máster en Sistemas Aéreos no Tripulados é unha materia obrigatoria integrada no plan de estudos (9 créditos ECTS).
O traballo de fin de máster é un traballo persoal e orixinal tanto no título como nos contidos, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título. En ningún caso, pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación nesta ou noutra universidade, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos nas actividades doutras materias da titulación.
O traballo de fin de máster poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura dunha persoa cotitora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica compartirá coa persoa cotitora, as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será, en calquera caso, responsabilidade do titor/a facilitar a xestión.
Para as liñas de traballo consultar co coordinador Higinio González.
- Regulamento do Traballo Fin de Máster da Universidade de Vigo
- Normativa do Traballo de Fin de Máster da escola (Anexo I, Anexo II, Anexo III e Anexo V)
- Rúbricas de avaliación do TFM
- Protocolo de confidencialidade para TFG/TFM realizados en empresas ou centros de investigación externos (Anexo I, Anexo II e Anexo III)
Matrícula no TFM
Para poder matricularse no traballo de fin de máster será requisito imprescindible ter matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos.
A matrícula do traballo de fin de máster realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos estudos de máster.
Depósito do TFM
Para poder realizar o depósito do TFM previo á súa defensa é preciso estar correctamente matriculado/a e contar co informe favorable da persoa ou persoas que titoricen o traballo.
O estudantado deberá realizar o depósito na convocatoria na que vaia a efectuar a defensa e sempre dentro das datas establecidas para o efecto, que serán fixadas pola dirección da Escola de Enxeñería Aeronáutica e non poderán coincidir cos períodos de depósito de TFG. Transcorridas todas as convocatorias dun mesmo curso sen que se levara a cabo o depósito, o/a estudante deberá volver matricularse.
Calendario de defensa do TFM
Coordinación do TFM
TFM MUEA
Alejandro Manuel Gómez San Juan
+34 988 368 805
alejandromanuel.gomez@uvigo.gal
TFM MSANT
Higinio González Jorge
+34 988 387 272
higiniog@uvigo.gal