Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

As cátedras con empresas son a fórmula máis estable de colaboración entre a Escola e a industria aeroespacial. Mediante un convenio, a empresa financia durante varios anos un programa conxunto de formación, divulgación e investigación.

Para o estudantado e o profesorado, unha cátedra é unha oportunidade de estar máis preto da empresa: coñecer de primeira man os seus retos, colaborar en proxectos reais e abrir novas vías de formación e emprego. Cada cátedra define as súas propias actividades e liñas de traballo.

Cátedra Indra en Sistemas Aéreos Autónomos

A Cátedra Indra en Sistemas Aéreos Autónomos (Cátedra AEROS) nace do convenio entre a Universidade de Vigo e Indra Sistemas Aéreos Autónomos, S.L. Traballa en aviación non tripulada, sistemas de guiado, navegación e control (GNC) e sistemas UAS e RPAS. Encádrase na Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia e céntrase en aplicacións civís: incendios forestais, salvamento marítimo, inspección de infraestruturas e integración no espazo aéreo (U-space).

DATOS DA CÁTEDRA

  • Convenio: maio de 2026.
  • Duración de dous anos, prorrogable un máis.
  • Presentación oficial: 13 de outubro de 2026.
  • Director: Prof. Fernando Veiga López.
  • Grupo de investigación: Aerolab.
  • Comisión de seguimento: Fernando Veiga López e Nieves Lorenzo González pola UVigo; Jesús Ángel García Sánchez e Antonio Albarrán Merchán por Indra.

ACTIVIDADES

  • Convocatoria de TFG e TFM en temas propostos por Indra.
  • Difusión das prácticas en Indra.
  • Ciclo de seminarios técnicos con profesionais do sector.
  • Charlas en institutos de bacharelato.
  • Xornada sobre muller e sector aeroespacial.
  • Reto universitario sobre sistemas UAS.
  • Colaboración coas asociacións de estudantes.

LIÑAS DE I+D

  • Seguridade operacional do voo de drons.
  • Análise e redución do risco en terra en operacións UAS.
  • Navegación aérea autónoma.
  • Creación e optimización de traxectorias.

Contacto

Fernando Veiga López
Director da cátedra
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.