Anaconda
Anaconda é unha distribución de balde de Python e R orientada á ciencia de datos, á aprendizaxe automática e á computación científica. Inclúe un amplo conxunto de bibliotecas e ferramentas preinstaladas para a análise de datos, a visualización e o desenvolvemento de modelos, ademais do xestor de paquetes e entornos Conda, que facilita a instalación de dependencias e a xestión de diferentes contornas de traballo.
AMPL
AMPL é unha linguaxe de modelado matemático deseñada para formular e resolver problemas de optimización de forma eficiente. Permite definir modelos de programación liñal, non liñal, enteira e mixta de maneira clara e estruturada, facilitando a súa resolución mediante distintos solvers especializados.
ANSYS
ANSYS é un software de simulación de alto nivel que aporta claridade e coñecementos para os problemas de deseño máis complexos a través dunha simulación de enxeñaría rápida, exacta e fiable. A súa tecnoloxía permite aos usuarios predicir con seguridade o comportamento dos produtos no mundo real.
ANSYS STK
ANSYS STK é un software de modelado, análise e simulación de sistemas aeroespaciais e de defensa que permite estudar o comportamento de satélites, aeronaves, vehículos terrestres e sistemas de comunicación. Facilita a análise de órbitas, cobertura, enlaces, navegación, sensores e misións complexas mediante modelos de alta precisión.
Autodesk Fusion 360
Autodesk Fusion 360 é un software de deseño asistido por computador (CAD), enxeñaría asistida por ordenador (CAE) e fabricación asistida por ordenador (CAM) baseado na nube. Permite deseñar modelos tridimensionais, realizar simulacións, xenerar traxectorias de mecanizado e colaborar en proxectos desde unha única contorna de traballo.
Capella
Capella é unha ferramenta de enxeñaría de sistemas baseada en modelos (MBSE) que permite definir, analizar e deseñar sistemas complexos seguindo a metodoloxía Arcadia. Facilita a captura de requisitos, o modelado de arquitecturas funcionais, lóxicas e físicas, así como a análise de interfaces e trazabilidade entre os diferentes elementos do sistema.
CATIA
CATIA é un programa informático de deseño, fabricación e enxeñaría asistida por computador. O programa está desenvolto para proporcionar apoio desde a concepción do deseño ata a produción e a análise de produtos.
CES EduPack
CES EduPack é un software educativo especializado na selección de materiais e procesos de fabricación para aplicacións de enxeñaría e deseño. Permite comparar materiais en función das súas propiedades mecánicas, térmicas, eléctricas, económicas e medioambientais, facilitando a toma de decisións durante o desenvolvemento de produtos.
CNC FAGOR
CNC Fagor é un sistema de control numérico computarizado (CNC) desenvolto por Fagor Automation para a programación e o control de máquinas ferramenta, como fresadoras, tornos e centros de mecanizado. Permite executar programas de mecanizado con alta precisión, xestionar os movementos dos eixos, controlar ferramentas e optimizar os procesos de fabricación.
COMSOL Multiphysics
COMSOL Multiphysics é un software de simulación baseado no método de elementos finitos (FEM) que permite modelar e analizar fenómenos físicos complexos de forma integrada. Utilízase para simular procesos en áreas como a mecánica, a transferencia de calor, a dinámica de fluídos, o electromagnetismo e las reaccións químicas, entre outras.
EcosimPro
EcosimPro é un software de modelado e simulación orientado á análise de sistemas dinámicos complexos e multidisciplinares. Permite desenvolver modelos matemáticos de sistemas térmicos, mecánicos, hidráulicos, neumáticos, eléctricos e de control, así como simular o seu comportamento en diferentes condicións de funcionamento.
ESATAN
ESATAN-TMS é un software especializado na análise e a simulación térmica de sistemas espaciais, ampliamente utilizado no deseño de satélites, sondas e outros vehículos aeroespaciais. Permite modelar a transferencia de calor por conducción, convección e radiación, avaliar o comportamento térmico dos compoñentes e verificar que as temperaturas de operación se manteñan dentro dos límites establecidos durante as distintas fases da misión.
MATLAB SIMULINK
MATLAB é unha contorna interactiva que permite explorar e visualizar ideas, así como colaborar interdisciplinarmente en procesamento de sinais e imaxe, comunicacións, sistemas de control e finanzas computacionais.
Microsoft Project
Microsoft Project é un software de xestión de proxectos desenvolto por Microsoft que permite planificar, organizar e supervisar tarefas, recursos, costes e cronogramas dun proxecto. Facilita a creación de diagramas de Gantt, a asignación de recursos, o seguimento do progreso e a análise da carga de traballo, axudando a controlar prazos e orzamentos.
NASTRAN
NASTRAN é un software de análise por elementos finitos (FEA) utilizado para simular e avaliar o comportamento de estruturas e compoñentes mecánicos antes da súa fabricación. Permite analizar aspectos como a resistencia, a deformación, as vibracións, a estabilidade, a fatiga e a resposta térmica dos materiais baixo diferentes condicións de carga.
Openfoam
OpenFOAM é un software de código aberto para dinámica de fluídos computacional (CFD) que permite simular o comportamento de fluídos, a transferencia de calor e outros fenómenos físicos complexos. Utilízase para analizar fluxos de líquidos e gases, procesos de combustión, turbulencia, interacción fluído-estrutura e problemas multifásicos, entre outros.
Progases
ProGases é un software especializado no deseño, a simulación e a análise de instalacións de gases industriais e medicinais. Permite calcular redes de distribución, dimensionar tuberías, estimar caudales e pérdidas de carga, e verificar o cumprimento da normativa aplicable.
PSIM
PSIM é un software de simulación especializado en electrónica de potencia e sistemas de control, utilizado para deseñar, analizar e optimizar convertidores de potencia, inversores, fontes de alimentación, accionamentos de motores e sistemas de enerxías renovables. Permite realizar simulacións rápidas e precisas de circuitos eléctricos e estratexias de control, facilitando a avaliación do comportamento do sistema antes da súa implementación física.
Pycharm Community Edition
Pycharm Community Edition é unha contorna de desenvolvemento integrada (IDE) de balde e de código aberto, deseñada específicamente para a programación en Python. Proporciona ferramentas que facilitan o desenvolvemento de software, como resaltado de sintaxe, autocompletado intelixente, depuración, refactorización de código e integración con sistemas de control de versións.
PyTorch
PyTorch é unha biblioteca de código aberto para o desenvolvemento de modelos de aprendizaxe automático e intelixencia artificial, especialmente orientada á aprendizaxe profunda (deep learning). Proporciona ferramentas para deseñar, entrenar e avaliar redes neuronais, así como para realizar cálculos numéricos eficientes mediante aceleración con GPU.
R
R é unha linguaxe de programación e un entorno de software de código abierto especializado na análise estatística, a minería de datos e a representación gráfica.
RoboDK
RoboDK é un software de simulación e programación offline de robots industriais que permite deseñar, programar e optimizar aplicacións robóticas sen necesidade de deter os equipos de produción. Facilita a creación de traxectorias, la simulación de movementos, la detección de posibles colisións e a xeneración automática de programas para diferentes marcas de robots.
SolidWorks
SolidWorks é un software profesional de deseño asistido por ordenador (CAD) en 3D, amplamente utilizado en enxeñaría e desenvolvemento de produtos. Permite crear modelos tridimensionais de pezas, ensamblaxes e planos técnicos con gran precisión, ademais de realizar simulacións, análises estructurais e xeneración de documentación para fabricación.
SPENVIS
SPENVIS é unha plataforma informática desenvolta para a análise e a avaliación do entorno espacial e os seus efectos sobre satélites, naves espaciais e os seus compoñentes. Proporciona modelos e ferramentas para estimar a radiación espacial, os fluxos de partículas, o entorno de plasma, o osíxeno atómico e outros factores ambientais que poidan afectar ao rendimento e á fiabilidade dos sistemas espaciais.
TensorFlow
TensorFlow é unha biblioteca de código aberto desenvolta para o deseño, o entrenamento e a implementación de modelos de aprendizaxe automático e intelixencia artificial. Permite construir e optimizar redes neuronais e outros algoritmos de aprendizaxe automático, aproveitando a aceleración mediante CPU, GPU e outros dispositivos especializados.
XAMPP
XAMPP é unha distribución gratuita e de código aberto que integra un entorno de desenvolvemento web con Apache, MariaDB, PHP y Perl, e permite crear e probar aplicacións web de forma local. Facilita a instalación e a configuración dun servidor web completo, simplificando o desenvolvemento, a depuración e a execución de proxectos antes da posta en marcha nunha entorna de produción.
XFLR5
XFLR5 é un software gratuito de análise aerodinámica deseñado para o estudo de perfís alares, ás e aeronaves de baixa velocidade mediante métodos de paneis e teoría de liña sustentadora. Permite avaliar parámetros como a sustentación, a resistencia, a estabilidade e o comportamento de voo, facilitando o deseño e a optimización de configuracións aerodinámicas.