A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída do estudantado propio e acollendo ao estudantado externo (nacional e internacional)
A organización do Grao en Enxeñaría Aeroespacial, no que as materias optativas se cursan en terceiro e cuarto curso, suxire que é precisamente neste momento do seu plan de estudos cando o estudantado estará preparado para aproveitar adecuadamente as posibilidades de complementar os seus estudos que a mobilidade proporciona.
A estrutura cuadrimestral serve para facilitar a elección do periodo de estadía, anual ou cuadrimestral.
A mobilidade do estudantado está centrada nos programas SICUE, no ámbito nacional, e ERASMUS, no ámbito europeo, con algunha outra oferta máis puntual de intercambio con outros ámbitos xeográficos máis directamente xestionada dende a Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo (programa ISEP có continente americano, convenios bilaterais).
Coordinación de Relacións Internacionais
Carlos Ulloa Sande
+34 988 387 261
aero.move@uvigo.es