Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Curso académico 2026/2027

 

Estudos de grao

Titulación Prazas
Grao en Enxeñaría Aeroespacial 50

Incorporación de estudantes

Para poder matricularse en primeiro curso por primeira vez en titulacións oficiais hai que ter concedida previamente a admisión. A preinscrición farase polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG) a través dos procedementos telemáticos establecidos na súa web.

A nota de corte da titulación de Enxeñaría Aeroespacial no curso 2025/2026, polo procedemento xeral de admisión, foi de 12,130.

Na Universidade de Vigo non existe o trámite de reserva de praza polo que a persoa convocada pola CiUG para matricularse nunha titulación oficial, no momento no que a formalice a través da secretaría virtual, quedará matriculada independentemente de que entregue ou non a documentación necesaria e de que os prezos públicos estean ou non aboados. O feito de non entregar a documentación e/ou non aboar os prezos públicos non implica que a matrícula non estea formalizada nin a anulación automática da mesma.

Matrícula

Tanto a xestión dos trámites académicos como a información e consultas relacionadas coa matrícula no Grao en Enxeñaría Aeroespacial levaranse a cabo polo persoal da administración do edificio politécnico (Facultade de Ciencias e ESEI, na planta baixa).

O horario de atención ao público é de 8.30 a 14.30 horas (durante os meses de xullo, agosto e periodos non lectivos de Nadal e Semana Santa é de 9.00 a 14.00 horas).

Máis información

 

Estudos de mestrado

Titulación Prazas
Máster en Enxeñaría Aeronáutica 25
Máster en Sistemas Aéreos non Tripulados 12

 

Prezos e exencións

Consulta a información económica relacionada coa matrícula, o custo dos estudos, as modalidades de abonamento, os descontos ou as exencións e as axudas do programa propio da UVigo para persoas con dificultades económicas na seguinte ligazón: Prezos públicos.

Máis información

Para consultas sobre a matrícula, contáctanos a través do seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Matriculate na Universidade de Vigo