Benvida/o ao sistema de queixas, suxestións e parabéns da Universidade de Vigo. Esta Caixa está aberta a que estudantes, persoal e cidadanía en xeral, dispoñan dunha canle a través da que expoñer cuestións relacionadas coa calidade e mellora do servizo público prestado polas unidades, oficinas e servizos da universidade
As queixas, suxestións e parabéns poden enviarse de xeito anónimo. Se a persoa usuaria desexa unha resposta deberá facilitar un enderezo electrónico ou os datos necesarios para unha resposta por correo ordinario. O prazo de resposta será como máximo de 15 días hábiles.
Este sistema é independente das actuacións do Tribunal de Garantías e do sistema de recursos administrativos previsto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As queixas presentadas non terán carácter de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. A presentación de queixas non suporá, en ningún caso, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poida exercer calquera interesado ou interesada.