Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

As prácticas externas curriculares configúranse como unha materia optativa integrada no plan de estudos do Grao en Enxeñaría Aeroespacial (6 créditos ECTS). Estas prácticas desenvolveranse no 4º ano do grao.

No Máster en Enxeñaría Aeronáutica as prácticas externas curriculares corresponden a unha materia obrigatoria integrada no plan de estudos (6 créditos ECTS). Estas prácticas desenvolveranse no 2º ano do mestrado.

As ditas prácticas están orientadas a completar e reforzar as competencias asociadas ao título. Realizaranse nunha contorna laboral e profesional real relacionada con algún ámbito da titulación, baixo a supervisión dunha persoa titora na entidade colaboradora e unha persoa titora académica no centro.

Porén, pódense pedir e realizar tamén prácticas extracurriculares, as cales son xestionadas pola FUVI (fundacionuvigo.es). A materia de Prácticas en Empresa poderá ser recoñecida pola realización de prácticas extracurriculares, sempre e cando se cumpran os requisitos especificados no regulamento de prácticas externas da EEAE. Recoméndase ao estudantado interesado en realizar prácticas extracurriculares que se poña en contacto coa coordinación de prácticas do centro (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

No referente ás prácticas do Máster en Sistemas Aéreos non Tripulados, a materia de prácticas externas é obrigatoria (9 créditos ECTS). Recoméndase contactar co coordinador do título (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

Para a realización de prácticas curriculares, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo ten convenios de colaboración con distintas empresas e entidades, como por exemplo: COASA, ITP AERO, Alestis Aerospace, Grupo Oesía, GRI Towers, Megatech Industries, AIMEN, GRADIANT, Industrias Delta Vigo, Utingal, …

 

Normativa relativa a prácticas externas

 

Prácticas externas curriculares

Coordinación das prácticas

GEA / MUEA

Pedro Orgeira Crespo
+34 988 387 406
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

MSANT

Higinio González Jorge
+34 988 387 272
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.