Programa Prazo Comezo Fin
Erasmus+ estudos
Convocatoria pechada
1º prazo 24/11/2023 14/12/2023
Erasmus+ prácticas
Convocatoria pechada
3º prazo 01/09/2023 30/09/2023
ISEP
Convocatoria pechada
único 03/11/2023 02/12/2023
GE4
Convocatoria pechada
2º prazo 01/06/2024 30/06/2024
Bolsas de intercambio UVIGO
Convocatoria pechada
único 17/05/2023 12/06/2023
Libre mobilidade
Convocatoria aberta
único 01/01/2024 31/12/2024

Erasmus+ estudos

O programa Erasmus+ estudos facilita cursar un período de estudos (un semestre ou curso completo) noutra universidade europea coa que exista o convenio correspondente, con total recoñecemento académico dos estudos realizados.

Antes de comezar a estadía, débese cumprimentar o contrato de estudos ou learning agreement. Este documento, que debe ser aprobado e asinado polas persoas coordinadoras de mobilidade do centro propio e de destino, establece as materias cursadas na universidade de destino que serán recoñecidas localmente.

Ver convocatoria



Erasmus+ prácticas

O programa Erasmus+ prácticas oferta un mínimo de 65 prazas para realizar un período de prácticas (entre 2 e 12 meses) en empresas, centros de ensino superior, centros de investigación e outras organizacións doutro país europeo.

Ver convocatoria



ISEP

O programa ISEP permite que o estudantado de últimos cursos de grao (3º e 4º) ou de posgrao da Universidade de Vigo realice nunha universidade estadounidense un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-decembro/xaneiro ou xaneiro-maio/xuño) elixindo entre máis de 150 universidades e unha ampla gama de programas de estudos.

Ver convocatoria



GE4

A Oficina de Relacións Intemacionais (en diante ORI) da Universidade de Vigo participa no programa de intercambio co GE4 para as escolas de enxeñaría, dentro do acordo existente entre ambas as institucións. O GE4 é unha asociación que ten como obxectivo promover os intercambios de excelencia de estudantes e docentes no ámbito da enxeñaría.

Os intercambios efectúanse en réxime de reciprocidade coas distintas universidades que forman a rede GE4. Nesta convocatoria ofértanse 3 prazas cuadrimestrais para o primeiro cuadrimestre do curso 2019/2020. A Universidade de Vigo recibirá ao mesmo tempo un grupo de estudantes das universidades do GE4 que cursarán parte dos seus estudos nos centros da Universidade de Vigo.

Ver convocatoria



Bolsas de intercambio UVIGO

A Universidade de Vigo, dentro do seu programa de mobilidade internacional, financia mediante bolsas de intercambio propias, estadías de estudo (un semestre ou curso completo) en diversas universidades de todo o mundo en función dos distintos convenios establecidos.

Ver convocatoria



Libre mobilidade

A Universidade de Vigo permite a realización de mobilidade internacional por iniciativa propia do estudantado, fóra dos programas oficiais de intercambio. Nestes casos, realízase unha estadía académica temporal noutra universidade estranxeira cursando un programa formativo compatible co da titulación da UVigo, sen a concesión dunha praza de mobilidade dun programa oficial de intercambio.

O programa formativo que se desenvolverá na universidade de destino ten que ser aprobado previamente pola persoa coordinadora de mobilidade do centro. No caso do estudantado de grao é necesario ter superados polo menos 60 ECTs antes de realizar a estadía.

Proposta de estudos
Certificado de estadía

Ver convocatoria