Competencia Básica 1 (CB1):
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Competencia Básica 2 (CB2):
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Competencia Básica 3 (CB3):
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencia Básica 4 (CB4):
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencia Básica 5 (CB5):
Que os estudantes desenvolvaen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia Xeral 1 (CG1):
Capacidade para o deseño, desenvolvemento e xestión no eido da enxeñaría aeronáutica que teñan por obxecto, de acordo cós coñecementos adquiridos según o establecido no apartado 5 da orde CIN/308/2009, os vehículos aeroespaciais, os sistemas de propulsión aeroespacial, os materiais aeroespaciais, as infraestruturas aeroportuarias, as infraestruturas de aeronavegación e calquer sistema de xestión do espazo, do tráfico e do transporte aéreo.
Competencia Xeral 2 (CG2):
Planificación, redacción, dirección e xestión de proxectos, cálculo e fabricación no eido da enxeñaría aeronáutica que teñan por obxecto, de acordo cós coñecementos adquiridos según o establecido no apartado 5 da orde CIN/308/2009, os vehículos aeroespaciais, os sistemas de propulsión aeroespacial, os materiais aeroespaciais, as infraestruturas aeroportuarias, as infraestruturas de aeronavegación e calquer sistema de xestión do espazo, do tráfico e do transporte aéreo.
Competencia Xeral 3 (CG3):
Instalación, explotación e mantemento no eido da enxeñaría aeronáutica que teñan por obxecto, de acordo cós coñecementos adquiridos según o establecido no apartado 5 da orde CIN/308/2009, os vehículos aeroespaciais, os sistemas de propulsión aeroespacial, os materiais aeroespaciais, as infraestruturas aeroportuarias, as infraestruturas de aeronavegación e calquer sistema de xestión do espazo, do tráfico e do transporte aéreo.
Competencia Xeral 4 (CG4):
Verificación e Certificación no eido da enxeñaría aeronáutica que teñan por obxecto, de acordo cós coñecementos adquiridos según o establecido no apartado 5 da orde CIN/308/2009, os vehículos aeroespaciais, os sistemas de propulsión aeroespacial, os materiais aeroespaciais, as infraestruturas aeroportuarias, as infraestruturas de aeronavegación e calquer sistema de xestión do espazo, do tráfico e do transporte aéreo.
Competencia Xeral 5 (CG5):
Capacidade para levar a cabo actividades de proxección, de dirección técnica, de peritación, de redacción de informes, de dictames, e de asesoramento técnico en tarefas relativas á Enxeñaría Técnica Aeronáutica, de exercicio das funcións e de cargos técnicos xenuinamente aeroespaciais.
Competencia Xeral 6 (CG6):
Capacidade para participar nos programas de probas en voo para a toma de datos das distancias de despegue, velocidades de ascenso, velocidades de pérdas, maniobrabilidade e capacidades de aterrizaxe.
Competencia Xeral 7 (CG7):
Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas.
Competencia Xeral 8 (CG8):
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Aeronáutico.
Competencia Específica 1 (CE1):
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan plantexarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
Competencia Específica 2 (CE2):
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
Competencia Específica 3 (CE3):
Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
Competencia Específica 4 (CE4):
Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
Competencia Específica 5 (CE5):
Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
Competencia Específica 6 (CE6):
Coñecemento axeitado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
Competencia Específica 7 (CE7):
Comprender o comportamento das estruturas ante as solicitacións en condicións de servizo e situacións límite.
Competencia Específica 8 (CE8):
Comprender os ciclos termodinámicos xeradores de potencia mecánica e empuxe.
Competencia Específica 9 (CE9):
Comprender a globalidade do sistema de navegación aérea e a complexidade do tráfico aéreo.
Competencia Específica 10 (CE10):
Comprender cómo as forzas aerodinámicas determinan a dinámica do voo e o papel das distintas variables involucradas no fenómeno do voo.
Competencia Específica 11 (CE11):
Comprender as prestacións tecnolóxicas, as técnicas de optimización dos materiais e a modificación das súas propiedades mediante tratamentos.
Competencia Específica 12 (CE12):
Comprender os procesos de fabricación.
Competencia Específica 13 (CE13):
Comprender a singularidade das infraestruturas, edificacións e funcionamento dos aeroportos.
Competencia Específica 14 (CE14):
Comprender o sistema de transporte aéreo e a coordinación con outros modos de transporte.
Competencia Específica 15 (CE15):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos principios da mecánica do medio continuo e as técnicas de cálculo da súa resposta.
Competencia Específica 16 (CE16):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos conceptos e as leis que gobernan os procesos de trasferencia de enerxía, o movemento dos fluidos, os mecanismos de transmisión de calor e o cambio de materia e o seu papel na análise dos principais sistemas de propulsión aeroespaciais.
Competencia Específica 17 (CE17):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos elementos fundamentais dos diversos tipos de aeronaves; os elementos funcionais do sistema de navegación aérea e as instalacións eléctricas e electrónicas asociadas; os fundamentos do deseño e construcción de aeroportos e os seus diversos elementos.
Competencia Específica 18 (CE18):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos fundamentos da mecánica de fluidos; os principios básicos do control e a automatización do voo; as principais características e propiedades físicas e mecánicas dos materiais.
Competencia Específica 19 (CE19):
Coñecemento aplicado de: a ciencia e tecnoloxía dos materiais; mecánica e termodinámica; mecánica de fluidos; aerodinámica e mecánica do voo; sistemas de navegación e circulación aérea; tecnoloxía aeroespacial; teoría de estruturas; transporte aéreo; economía e producción; proxectos; impacto ambiental.
Competencia Específica 20 (CE20):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría da mecánica de fractura do medio continuo e os plantexamentos dinámicos, de fatiga de inestabilidade estrutural e de aeroelasticidade.
Competencia Específica 21 (CE21):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos fundamentos de sustentabilidade, mantenibilidade e operatividade dos vehículos aeroespaciais.
Competencia Específica 22 (CE22):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos fundamentos da mecánica de fluidos que describen o fluxo en todos os reximes, para determinar as distribucións de presións e as forzas sobre as aeronaves.
Competencia Específica 23 (CE23):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos fenómenos físicos do voo, as súas cualidades e o seu control, as forzas aerodinámicas, e propulsivas, as actuacións, a estabilidade.
Competencia Específica 24 (CE24):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos sistemas das aeronaves e os sistemas automáticos de control de voo dos vehículos aeroespaciais.
Competencia Específica 25 (CE25):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos métodos de cálculo de deseño e proxecto aeronáutico; o uso da experimentación aerodinámica e dos parámetros máis significativos na aplicación teórica; o manexo das técnicas experimentais, equipamento e instrumentos de medida propios da disciplina; a simulación, deseño, análise e interpretación de experimentación e operacións en voo; os sistemas de mantemento e certificación de aeronaves.
Competencia Específica 26 (CE26):
Coñecemento aplicado de: aerodinámica; mecánica e termodinámica, mecánica do voo, enxeñaría de aeronaves (á fixa e ás rotatorias), teoría de estruturas.
Competencia Específica 27 (CE27):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos fundamentos de sustentabilidade, mantenibilidade e operatividade dos sistemas espaciais.
Competencia Específica 28 (CE28):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos fundamentos da mecánica de fluidos que describen o fluxo en calquer réxime e determinan as distribucións de presións e as forzas aerodinámicas.
Competencia Específica 29 (CE29):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos conceptos e leis que gobernan a combustión interna, a súa aplicación á propulsión cohete.
Competencia Específica 30 (CE30):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría das prestacións tecnolóxicas, as técnicas de optimización dos materiais empregados no sector aeroespacial e os procesos de tratamentos para modificar as súas propiedades mecánicas.
Competencia Específica 31 (CE31):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos fenómenos físicos do voo dos sistemas aéreos de defensa, as súas cualidades e o seu control, as actuacións, a estabilidade e os sistemas automáticos de control.
Competencia Específica 32 (CE32):
Coñecemento axeitado e aplicado á Enxeñaría dos métodos de cálculo e de desenvolvemento de los materiais e sistemas da defensa; o manexo das técnicas experimentais, equipamento e instrumentos de medida propios da disciplina; a simulación numérica dos procesos físico-matemáticos máis significativos; as técnicas de inspección, de control de calidade e de detección de erros; os métodos e técnicas de reparación máis axeitados.
Competencia Específica 33 (CE33):
Coñecemento aplicado de: aerodinámica; mecánica do voo, Enxeñaría da defensa aérea (balística, mísiles e sistemas aéreos), propulsión espacial, ciencia e tecnoloxía dos materiais, teoría de estruturas.
Competencia Específica 34 (CE34):
Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no eido das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Aeroespacial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos.
Competencia Transversal 1 (CT1):
Capacidade de análise, organización e planificación.
Competencia Transversal 2 (CT2):
Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
Competencia Transversal 3 (CT3):
Capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
Competencia Transversal 4 (CT4):
Capacidade de aprendizaxe autónomo e xestión da información.
Competencia Transversal 5 (CT5):
Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
Competencia Transversal 6 (CT6):
Capacidade de comunicación interpersoal.
Competencia Transversal 7 (CT7):
Capacidade de adaptación a novas situacións con creatividade e innovación.
Competencia Transversal 8 (CT8):
Capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
Competencia Transversal 9 (CT9):
Capacidadee de traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
Competencia Transversal 10 (CT10):
Capacidadee de tratar e actuar en situacións de conflitos e negociación.
Competencia Transversal 11 (CT11):
Ter motivación pola calidade con sensibilidade cara a temas do ámbito dos estudos.
Competencia Transversal 12 (CT12):
Compromiso ético e democrático.
Competencia Transversal 13 (CT13):
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.