Investigadores da UVigo realizan o deseño conceptual dunha misión a Xúpiter con propulsión “eficiente e sostible”

Investigadores da Universidade de Vigo veñen de publicar na revista Acta Astronautica un estudo no que realizan o deseño conceptual dunha misión a Xúpiter na que a propulsión é xerada por un sistema multitether. Trátase, apuntan os seus autores, dun “novo tipo de propulsión, eficiente e sostible, que só precisa da interacción do dispositivo co ambiente para funcionar”.

O artigo publicado leva por título Conceptual design of electrodynamic multi tether system for self-propelled Jovian capture e está asinado por Marco Casanova (investigador da Área de Enxeñaría Aeroespacial da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense e estudante de Enxeñaría Espacial da Universidad Carlos III de Madrid); Fermín Navarro (Área de Enxeñaría Aeroespacial da UVigo) e Daniele Tommasini (Departamento de Física Aplicada da UVigo). O traballo, explican os seus responsables, é unha evolucion do traballo de fin de grao que Marco Casanova presentou o pasado ano na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo coa supervisión dos profesores do centro Fermín Navarro e Daniele Tommasini. Foi un dos primeiros traballos fin de estudos lidos nesta escola, que o pasado curso académico graduou a súa primeira  promoción, da que Marco Casanova forma parte. “É para min un orgullo como recentemente egresado da Universidade de Vigo publicar nunha das revistas de referencia no campo dos sistemas espaciais”, comenta.

Ler a noticia completa no DUVI