Alumnado de Aeroespacial achégase ao traballo de Airbus

O campus de Ourense acolleu este luns pola tarde a conferencia Airbus. Enxeñando sistemas: tráfico aéreo e navegación, ofrecida por David López Filloy, lead ATM engineer de Airbus, un compañía internacional líder en deseño, fabricación e subministro de produtos, servizos e solucións aeroespaciais que conta con arredor de 130.000 empregadas e empregados. A iniciativa formou parte do Foro Aero, un ciclo de conferencias divulgativas organizadas cada cuadrimestre pola Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo e que ten como obxectivo achegar ao seu alumnado e profesorado, pero tamén ao público xeral interesado, cuestións de interese para a súa formación, como o traballo que realizan empresas do sector ou institucións relacionadas con el.

Ler a noticia completa no DUVI