O Plan de acción titorial (PAT) recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do estudantado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.

Supón superar o modelo tradicional de ensino universitario só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo en que conflúen tamén funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, etc.; apóstase, en definitiva, polo trato máis personalizado, ademais do académico.

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do estudantado, que normalice as distintas accións e acade un axeitado equilibrio entre as expectativas do estudantado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

O PAT ten como obxecto a garantía, adecuación dos métodos de ensino, aprendizaxe e avaliación, adquisición de competencias do estudantado, atención á diversidade, orientación á aprendizaxe, e procura dunha igualdade de xénero, recollidos tanto nas memorias dos títulos como no sistema de garantía de calidade do centro.

 Plan de Acción Titorial

Responsable PAT

Higinio González Jorge
+34 988 387 272
higiniog@uvigo.es

Responsable PIUNE

Iván Area Carracedo
+34 988 387 247
area@uvigo.gal