Campus del Agua

Prácticas Externas

As prácticas externas curriculares están orientadas a completar e reforzar as competencias asociadas ao título. Realizaranse nun entorno laboral e profesional real relacionado con algún ámbito da titulación, baixo a supervisión dun titor na entidade colaboradora e un titor académico no centro.

Estas prácticas desenvolveranse no 4º ano do Grao, que comezará no curso 2019/20. Porén, pódense pedir e realizar xa no 3º ano do Grao e solicitar no seguinte curso a validación.