Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

17 de xuño de 2026

Sala Emilia Pardo Bazán

 

O mércores 17 de xuño en colaboración coa Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA), a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense teremos a oportunidade de coñecer da man do enxeñeiro da NASA, Carlos García-Galán, o novo programa Artemis.

Carlos García-Galán é o director do programa Base Lunar da NASA, ao que achega os seus máis de 27 anos de experiencia en voos espaciais tripulados. Neste cargo, apoia a xestión xeral e o desenvolvemento da iniciativa Base Lunar da NASA, un elemento clave da campaña Artemis que permitirá a exploración lunar sostible e sentará as bases para misións a Marte.

Esta interesante conferencia pretende dar a coñecer a exploración espacial e os beneficios que achega á humanidade.

Unha oportunidade única para todo aquel que lle interese o espazo, de coñecer desde dentro como se prepara a exploración lunar e as futuras misións a Marte.

A conferencia será as 18:00h no salón Emilia Pardo Bazán do edificio de Facultades (edificio de Ferro).

Público: estudantado universitario e non universitario

Por motivos de aforo e preciso a inscrición en liña: Hasta o martes 16 de xuño ás 14:00 h.
https://forms.gle/Lyxoczaomd4ZWG7a7

As persoas que se apunten individualmente deben inscribirse coma estudante.