Despegamos… aterramos!

Queres saber por que voan os avións?
Queres saber como e para que se usan os satélites?
Queres participar no mundo da tecnoloxía aeroespacial, construíndo aeronaves desde o parafuso máis pequeno ata unha lanzadeira espacial?
Queres deseñar, certificar e manter todas as infraestructuras necesarias para un tráfico aéreo eficiente, sostíbel e seguro?

 
En Ourense tes a oportunidade de comezar a túa formación como Enxeñeiro/a Aeroespacial, unha profesión regulada con atribucións e un amplo abanico de saídas profesionais en moitos mercados laborais e da administración pública tanto a nivel nacional como internacional.

A titulación de Grao en Enxeñaría Aeroespacial impártese por un experimentado equipo docente na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, situada no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Ofrecémosche unha etapa interesante, emocionante, e importante para a túa vida, plena de oportunidades laborais futuras.

¡Despega… aterra!

 
Arno Formella
Director da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo