Xemelgos dixitais para predicir o avance de pandemias

Investigadores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela lograron desenvolver un código baseado no concepto de xemelgo dixital que permite predicir a evolución de doenzas infecciosas como a covid-19 a curto, medio e longo prazo, tendo en conta o acontecido ata unha data determinada e considerando distintos escenarios segundo as medidas tomadas.

O traballo vén de ser publicado na revista Mathematical Methods in the Applied Sciences baixo o título Concept and solution of digital twin based on a Stieltjes differential equation, asinado por Iván Area (Universidade de Vigo) e Francisco J. Fernández, Juan José Nieto e Adrián F. Tojo (Universidade de Santiago de Compostela), investigadores pertencentes na súa maior parte tamén ao CITMAga, Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia.

Ler a noticia completa no DUVI