Campus del Agua

Alejandro Jacobo Cabrera Crespo

Alejandro Jacobo Cabrera Crespo

Investigador Ramón y Cajal

Área de Física da Terra

Departamento de Física Aplicada

Liñas de Investigación:

- Dinámica computacional de fluidos usando modelos de partículas SPH
- Protección costeira e deseño de dispositivos de captación de enerxía das ondas
- Deseño de vehículos que naveguen en mares con condicións extraterrestres extremas

Grupo de Investigación:

Environmental Physics Lab (Ephyslab)

Información de contacto

E.E. Aeronáutica e do Espazo

Despacho 71
Pavillón Manuel Martínez-Risco
Campus Universitario
32004 Ourense

 

  +34 988 387 425
alexbexe@uvigo.es

Espazo web en UVIGO

Curso 2018-2019: Docencia


1º CUADRIMESTRE:

Grao en Enxeñaría Espacial
O07G410V01103 | Física: Física I


Curso 2018-2019: Titorías


1º CUADRIMESTRE:

Por determinar

2º CUADRIMESTRE:

Por determinar

PERIODO SEN DOCENCIA:

Por determinar


Breve CV


Licenciado en Física en 2003 e Doutor en Física en 2008 pola Universidade de Vigo. No ano 2014 acadou un contrato do prestixioso Programa Ramón y Cajal na Área científica de Enxeñaría Mecánica, Naval e Aeronaútica. Docente de materias na Licenciatura de Física, no Grado en Ciencias Ambientales, no Máster Universitario de Física Aplicada, no Máster Universitario en Ciencia y Tecnología Agroalimentaria, no Máster en Ciencias del Clima, no Máster Internacional COMEM. Acreditado como Profesor Titular de Universidade pola ANECA dende 2013. Dúas teses de doutoramento dirixidas e outros oito traballos dirixidos entre TFG e TFM. Trece anos de traxectoria na UVigo investigando no eido da Física e a Enxeñaría. 37 artigos publicados en revistas científicas especializadas (índice h de 20 segundo SCOPUS). Investigador principal de 5 proxectos de investigación nacionais e autonómicos e participación en outros 18. Avaliador de proxectos da ANEP dende 2015. Dende o 2012 ven desempeñando diferentes cargos de xestión na Universidade de Vigo. A investigación actual céntrase na dinámica computacional de fluidos (CFD) e a súa aplicación a problemas de enxeñaría costeira (deseño de estruturas de protección e deseño de captadores de enerxía das ondas) e aplicación en problemas de enxeñaria aeroespacial (sistemas de refrixeración durante o lanzamento de cohetes e deseño de vehículos que naveguen en mares con condicións extraterrestres extremas).