Campus del Agua

Elena Martín Ortega

Elena Martín Ortega

Profesora Titular de Universidade

Área de Mecánica de Fluídos

Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos


Grupo de Investigación:

Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE)

Información de contacto

E.E. Aeronáutica e do Espazo

Despacho 36
Campus Universitario
32004 Ourense

 

  +34 988 387 032
emortega@uvigo.es

Espazo web en UVIGO

Curso 2018-2019: Docencia


1º CUADRIMESTRE:

Grao en Enxeñaría Espacial
O07G410V01922 | Mecánica de fluídos II e CFD

2º CUADRIMESTRE:

Grao en Enxeñaría Espacial
O07G410V01402 | Mecánica de fluídos


Curso 2018-2019: Titorías


1º CUADRIMESTRE:

Por determinar

2º CUADRIMESTRE:

Por determinar

PERIODO SEN DOCENCIA:

Por determinar


Breve CV


Enxeñeira Aeronáutica pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM) en 1996 e Doutora Enxeñeiro Aeronáutico pola mesma universidade en 2002. A súa tese de doutoramento, realizada no programa de Motopropulsión e Termofluidodinámica da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Aeronáuticos baixo a supervisión dos catedráticos José Manuel Vega e Carlos Martel e titulada “Interacción entre ondas de Faraday y Flujos Medios”, recibiu o premio extraordinario de doutoramento da UPM correspondente ao curso 2002/2003. En 2003 obtivo o premio internacional para xoves investigadores “David Crighton Fellowship” do Department of Applied Mathematics and Theoretical Physics (DAMTP) da Universidade de Cambridge (U.K.). Dende setembro de 1999 en adiante traballa como profesora na área de Mecánica de Fluidos do Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos, Fluidos e Aeroespacial da Universidade de Vigo. As súas áreas de interese son a modelización, simulación numérica e experimentación de diversos procesos termo-fluido-dinámicos, dende tratamentos térmicos na industria metalúrxica ata fluxos en micro-intercambiadores de calor, entre outros. Así mesmo, a xeración de modelos de orde reducida baseados na modelización de procesos, cara a optimización dos mesmos, é outra liña actual de investigación de gran interese.