Campus del Agua

Higinio González Jorge

Higinio González Jorge

Profesor Titular de Universidade

Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Liñas de Investigación:

  • Metroloxía de alto rango
  • Inspección de grandes estruturas
  • Teledetección

Grupo de Investigación:

Xeotecnoloxías Aplicadas

Información de contacto

E.E. Aeronáutica e do Espazo

Despacho 53
Pavillón Manuel Martínez Risco
Campus Universitario
32004 Ourense

 

  +34 988 387 253
higiniog@uvigo.es

Espazo web en UVIGO

Curso 2018-2019: Docencia


1º CUADRIMESTRE:

Mestrado en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados
O07M174V01104 | Sensores embarcados


2º CUADRIMESTRE:

Mestrado en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados
O07M174V01202 | Cargas útiles baseadas en sensores activos


Curso 2018-2019: Titorías


Horarios de Titoría - Curso 2018-2019


Breve CV


Licenciado en Física (especialidade en Física da Atmósfera) na Universidade de Vigo no ano 2001. Doutor en Física (programa de doutoramento en Física Aplicada) na mesma universidade no ano 2005. Premio extraordinario de doutoramento. Ten traballado entre os anos 2005 e 2009 no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia en actividades relacionadas coa instrumentación, calibración de equipos, metroloxía e ensaios. Dende o ano 2010 está novamente vinculado coa Universidade de Vigo como profesor a tempo completo da Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría. Autor de máis de 100 artigos científicos en enxeñaría e física. Dirixiu catro teses de doutoramento e participou en máis de 30 proxectos e contratos de investigación. Coordinador do Mestrado en Xeoinformática entre xuño de 2015 e xullo de 2018. Coordinador do Mestrado en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados dende xuño de 2018 ata a actualidade. Subdirector de Asuntos Internacionais da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía entre abril de 2016 e xullo de 2018. Piloto certificado de aeronaves remotamente pilotadas dende novembro de 2014. Coordinador da Área de Sistemas Aéreos non Tripulados do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE) dende xuño de 2017. Editor da revista Drones (MDPI) dende xaneiro de 2017.