Campus del Agua

Manuel Pérez Vázquez

Manuel Pérez Vázquez

Profesor Titular de Universidade

Area de Expresión Gráfica na Enxeñaría

Departamento de Deseño na Enxeñaría


Información de contacto

E.E. Aeronáutica e do Espazo

Despacho 30
Pavillón Manuel Martínez-Risco
Campus Universitario
32004 Ourense

 

  +34 988 387 231
maperez@uvigo.es

Espazo web en UVIGO

Curso 2017-2018: Docencia


PRIMEIRO PERIODO:

Grao en Enxeñaría Espacial

SEGUNDO PERIODO:


Curso 2017-2018: Titorías


PRIMEIRO PERIODO:

M: 15-17 2 / X: 16-20 1

SEGUNDO PERIODO:

L: 11-12.30 2 / Me: 11.30-13 3 / V: 17-20 1

PERIODO SEN DOCENCIA:

(L: luns | M: martes | Me: mércores | X: xoves | V: venres)
1 Campus de Ourense / 2 Campus de Vigo (Industriais, sede Campus) / 3 Campus de Vigo (Industriais, sede cidade)


Breve reseña


Enxeñeiro Superior Industrial na especialidade de Técnicas Enerxéticas pola Universidade politécnica de Madrid. Doutor Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo. Dilatada experiencia na docencia de gráficos nas escolas de Enxeñaría Industrial, Telecomunicacións e na Facultade de Ciencias, en diversas materias como: Debuxo Técnico, Técnicas de Representación, Expresión Gráfica, Enxeñaría Gráfica, Tecnoloxías de Deseño e Comunicación do Produto, Debuxo e Deseño Asistido por Computador, Deseño e Comunicación do Produto ou Sistemas para o Deseño e Desenvolvemento do produto. Ten impartido cursos e seminarios externos en varias universidades, dirixido diversos PFC e PFG, así como teses doutorais. Desenvolveu na súa Tese de Doutoramento unha metodoloxía para a docencia no dominio dos gráficos, propondo un modelo conceptual tridimensional para o área que contempla as teorías, as técnicas e as aplicacións. Posúe publicacións sobre a percepción visual, a linguaxe gráfica, a súa sintaxe e o modo de comunicar mediante gráficos. Estudou xeometrías complexas, a discretización de liñas, superficies e sólidos, con publicacións sobre aproximacións poliédricas a diversas formas xeométricas, modelado de sólidos e creación de escenas realistas animadas. Participou en múltiples eventos nacionais e internacionais como poñente e colaborou como organizador, derivando publicacións en revistas científicas, actas de eventos, etc. Investigador principal en varios proxectos subvencionados a nivel local, autonómico, nacional e internacional. Participou en varias redes temáticas da AECI con iberoamérica. Ten rexistrado patentes.