Campus del Agua

Santiago García Seoane

Santiago García Seoane

Profesor Convidado

Área de Máquinas e Motores Térmicos

Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos


Información de contacto

E.E. Aeronáutica e do Espazo

Despacho
Campus Universitario
32004 Ourense

 

  +34

Espazo web en UVIGO

Curso 2018-2019: Docencia


1º CUADRIMESTRE:

Grao en Enxeñaría Espacial
O07G410V01931 | Aerorreactores e motores alternativos aeronáuticos


2º CUADRIMESTRE:


Curso 2018-2019: Titorías


Horarios de Titoría - Curso 2018-2019


Breve CV


Enxeñeiro Superior Industrial na especialidade de Mecánica pola Universidade de Vigo, cun Máster Universitario en Enxeñaría Térmica (curso do programa de doutoramento) pola Universidade de Vigo e un MBA pola Universidade Politécnica de Madrid. Na actualidade enxeñeiro de Renfe Fabricación y Mantenimiento ocupando o posto de Xefe na Base de Mantemento de Ourense, e anteriormente desempeñando en Renfe os postos de Xefe de Reparación de Compoñentes na Base de Mantemento Integral Madrid Villaverde, Xefe na Base de Mantemento Madrid Cerro Negro, Responsable na Base de Mantemento Vigo/Redondela e como Técnico de Motores Térmicos na Dirección de Desenvolvemento Tecnolóxico. Previamente como Técnico de Laboratorio no CTAG (Centro Tecnolóxico de la Automoción de Galicia). Nos últimos anos en Renfe liderando varios proxectos: responsable do proxecto de internalización do mantemento da serie diésel s/599, responsable do proxecto de mantemento integral do aluguer de 17 automotores diésel s/592 a Comboios de Portugal (CP), responsable do proxecto de mantemento dos automotores eléctricos s/121 de alta velocidade en Galicia, responsable do proxecto de internalización do mantemento dos automotores eléctricos s/446 de cercanías Madrid, responsable do proxecto de mantemento de segundo nivel das locomotoras diésel s/334.