Breve CV
Doutora en Química con docencia recoñecida por 5 tramos de valoración da actividade docente desenvolvida no departamento de Enxeñaría de Materiais, impartindo docencia en galego, castelán e inglés, en diversas materias de Enxeñaría Industrial, Grao en Enxeñaría Mecánica, Grao en Enx. Tecnoloxías Industriais, Enxeñaría de Minas e Enxeñaría Aeroespacial, así como en distintos Másters e Programas de doutoramento. Dirixiu 3 teses de doutoramento (dúas delas premios extraordinarios) e 11 tesinas e PFC. A súa actividade investigadora, iniciada no estudo da corrosión de aliaxes pasivables, céntrase agora na mellora de aliaxes lixeiras e na obtención de MCMM para aplicación na industria do transporte e aeroespacial. Ten recoñecidos 4 sexenios de investigación, é autora de máis de 70 publicacións en revistas científicas indexadas no JCR, das cales 23 se encadran no Q1; máis de 110 comunicacións en congresos nacionais e internacionais, e participou en 26 proxectos de investigación en convocatorias competitivas e 30 contratos con empresas de especial relevancia.