Aulas, seminarios e laboratorios

A docencia nos diferentes cursos do Grao en Enxeñaría Aeroespacial lévase a cabo en tres tipos de aula de acordo co tipo de docencia impartida. As clases maxistrais (teoría e resolución de problemas) impartense en aulas ubicadas no Edificio de Facultades (denominado tamén Edificio de Ferro). As clases de seminario (resolución de problemas e prácticas con ordenador) desenvolvense nas dúas aulas de informática dispoñibles na planta baixa do pavillón Manuel Martínez-Risco (sede da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo). As prácticas de laboratorio levanse a cabo en diferentes laboratorios distribuídos polo campus.
Máis concreto:

Aulas de teoría:

  • Aula 0.9 ubicada no andar principal do Edificio de Facultades (104 cadeiras)
  • Aula 3.4 ubicada no terceiro andar do Edificio de Facultades (70 cadeiras)

Laboratorios con ordenadores:

  • Aula informática B.1 no andar principal, ala á dereita, do Pavillón Manuel Martínez-Risco (26 postos)
    Horario: Luns e mércores: 9.00-12.00 / Martes e xoves: 9.30-13.00 e 16.30-18.30 / Venres: 9.30-12.30
    Bolseiro de apoio técnico: Antonio Barreiro
  • Aula informática B.2 no andar principal, ala á dereita, do Pavillón Manuel Martínez-Risco (26 postos)

Laboratorios específicos (compartidos con outras titulacións):

  • Laboratorio de Automática no terceiro andar do Edificio Politécnico
  • Laboratorio de Electrónica no terceiro andar do Edificio Politécnico
  • Laboratorio de Enxeñaría Química no segundo andar do Edificio Politécnico
  • Laboratorio de Física I no primeiro andar, portas 43 e 44, do Pavillón Manuel Martínez-Risco
  • Laboratorio de Física II no soto, porta 11, do Pavillón Manuel Martínez-Risco

Biblioteca Central do campus de Ourense

É un servizo xeral accesible para todo o estudantado, profesorado, investigadores/as e persoal da Universidade de Vigo, e conta cun edificio propio. O seu obxectivo é xestionar e poñer a disposición da comunidade universitaria un conxunto de recursos e servizos de información como apoio as súas actividades de aprendizaxe, docencia e investigación.

Biblioteca Universitaria
Blog da biblioteca
Guías para novos alumnos