No Consello de Goberno de data 17 de xullo de 2015 aprobouse a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, sendo ratificada a súa creación polo Consello Social, na sesión do día 23 de xullo de 2015, e aprobada polo Consello da Xunta de Galicia o día 12 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 16, de 24 de xaneiro de 2017).

A creación desta Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo supón a constitución da xunta de escola, órgano colexiado de representación e de decisión integrado polos sectores de profesorado, estudantes e PAS.

Dado que o primeiro curso da titulación de Grao en Enxeñaría Aeroespacial comezou a impartirse no curso académico 2016/2017, antes da aprobación oficial da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, e sendo necesaria a existencia dun órgano de goberno que enfrontara a xestión dos estudos e as instalacións, mediante Resolución Reitoral do día 16 de maio de 2016 atribuíronse temporalmente as competencias da xunta de escola á xunta de titulación.

Finalizada esa etapa extraordinaria, debe levarse a cabo o proceso de elección de membros da xunta de escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

A tal efecto aprobouse unha normativa específica que regula provisionalmente estas eleccións.

Regulamento electoral xeral da universidade de Vigo (aprobado polo Claustro Universitario o 15 de outubro de 2019)

O calendario para as eleccións do curso 2019/2020 é o seguinte (aprobado pola Xunta Electoral o 17/12/2019):

Proceso Data
Sorteo dos membros da Xunta Electoral 10 de decembro de 2019
Constitución da Xunta Electoral 17 de decembro de 2019
Data de exposición dos censos provisionais
Censos provisionais
10 de xaneiro de 2020
Prazo de reclamacións aos censos provisionais Do 13 ao 17 de xaneiro de 2020
Publicación dos censos definitivos
Censos definitivos
20 de xaneiro de 2020
Prazo de presentación de candidaturas Do 21 ata o 28 de xaneiro de 2020
Data de proclamación provisional de candidatos e candidatas
Candidaturas provisionais
29 de xaneiro de 2020
Prazo de presentación de reclamacións á proclamación provisional de candidaturas Do 30 de xaneiro  ao 3 de febreiro de 2020
Proclamación definitiva de candidatos e candidatas
Candidaturas definitivas
4 de febreiro de 2020
Período da campaña electoral Do 6 ao 10 de febreiro 2020
Xornada de reflexión 11 de febreiro de 2020
Día de votación 12 de febreiro de 2020
Proclamación provisional de candidatas e candidatos electos
Proclamación provisional
13 de febreiro de 2020
Prazo de reclamacións á proclamación provisional de candidatas e candidatos electos Do 14 ao 18 de febreiro de 2020
Proclamación definitiva de candidatas e candidatos electos
Proclamación definitiva
19 de febreiro de 2020

 

Acordos da Xunta Electoral

17/12/201920/01/202028/02/2020