A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo é un centro preocupado polas políticas de igualdade. Para iso conta cun enlace de igualdade que ten asignadas as funcións de dinamización e implantación das políticas de igualdade, para contribuír á aplicación e seguimento das medidas propostas no Plan cara á consecución dunha situación máis equilibrada das mulleres e dos homes na institución, e está en contacto permanente coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

A Escola participa en actividades propias dentro do campus de Ourense,

  • Concurso escolar de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
  • Xornada Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, eXXperimenta en feminino

e conxuntas con outros centros, ou desenvolvidas coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

Itinerario formativo virtual en xénero

 

Máis información

Contacto de Igualdade do centro

María de las Nieves Lorenzo González
nlorenzo@uvigo.es
+34 988387329