Campus del Agua

Mobilidade do PDI e PAS

Mobilidade do PDI


Programas de mobilidade para o PDI
Programa Convocatoria Prazo de solicitude Solicitude
Prazo Comezo Fin
Erasmus + PDI RR 05/12/2017 único 06/12/2017 15/01/2018 Secretaría virtual
IACOBUS RR 17/10/2017 único 18/10/2017 19/11/2017 En liña
Santander Investigación 2018-2019 30/11/2017 único 01/12/2017 31/05/2018 En liña
Salvador de Madariaga 2018 BOE 18/12/2017 único 19/12/2017 30/01/2018 En liña

Convocatoria aberta | Convocatoria pechada


O persoal docente da Universidade de Vigo ten ao seu dispor unha serie de programas que teñen o obxectivo de fomentar a súa mobilidade

Programa Erasmus+ PDI

O programa Erasmus+, aprobado polo Parlamento Europeo para o periodo 2014-2020, entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2014. Este programa abrangue todos os niveis educativos: escolar, formación profesional, ensinanza superior (Grao, Mestrado e Doutoramento) e formación de persoas adultas. En relación coa educación superior, se inclúen as seguintes actuacións:


Programa IACOBUS

O Programa “IACOBUS” ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (Profesores; Investigadores; Persoal de Administración e Servizos (PAS)), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación.

Máis información


Bolsas Iberoamérica. Santander Investigación - Santander Universidades 2018-2019

Este programa ten como obxectivo promover a actualización do nivel de coñecementos dos participantes, a aprendizaxe de novas técnicas e métodos, establecer ou consolidar vínculos académicos entre equipos de investigación e institucións iberoamericanas, e reunir información adicional e específica necesaria para os estudos ou investigacións que estén realizando os destinatarios.

Máis información


Estadías de profesores en centros estranxeiros, incluido o Programa "Salvador de Madariaga" 2018

O obxectivo deste programa é a realización de estadías no estranxeiro do profesorado universitario e investigadores con experiencia e traxectoria profesional acreditadas, nunha actuación dirixida a propiciar a mobilidade con fins de actualización permanente. Os centros para os que se solicite a estadía de mobilidade deberán estar situados no estranxeiro e serán universidades e centros de investigación altamente competitivos na área científica do candidato.

Máis información


Mobilidade do PAS


Programas de mobilidade para o PAS
Programa Convocatoria Prazo de solicitude Solicitude
Prazo Comezo Fin
Erasmus STT RR 16/01/2017 2º prazo 17/01/2017 03/02/2017 Impreso
IACOBUS RR 17/10/2017 único 18/10/2017 19/11/2017 En liña
Programa Stella 2017 RR 12/01/2017 único 13/01/2017 24/01/2017 Impreso

Convocatoria aberta | Convocatoria pechada


O persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo ten ao seu dispor unha serie de programas para ampliar a súa formación no estranxeiro

Programa Erasmus STT

O obxectivo deste programa é permitir que os beneficiarios aprendan das experiencias e boas prácticas da institución visitada e melloren as aptitudes que require o seu actual posto de traballo. A principal actividade é unha breve estadía en dita institución que pode denominarse de varias maneiras: breves comisións de servizos, observación de profesionais, visitas de estudos, etc.

Máis información


Programa IACOBUS

O Programa “IACOBUS” ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (Profesores; Investigadores; Persoal de Administración e Servizos (PAS)), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación.

Máis información


Stella 2017

O obxectivo deste programa é proporcionarlle oportunidades de mobilidade ao persoal de administración e servizos, ao fomentar estadías de traballo dunha semana de duración, durante o período de febreiro a decembro, nalgunha das universidades americanas pertencentes ao Grupo Compostela de Universidades (GCU).

Máis información