Campus del Agua

Mobilidade internacional

Programas de Mobilidade internacional
Programa Convocatoria Prazo de solicitude Solicitude
Prazo Comezo Fin
Erasmus estudos RR 29/12/2017 1º prazo 30/12/2017 25/01/2018 Secretaría virtual
Erasmus prácticas RR 06/06/2018 1º prazo 06/06/2018 29/06/2018 ORI
ISEP RR 14/11/2017 único 15/11/2017 12/01/2018 Impreso
GE4 RR 15/12/2017 único 16/12/2017 18/01/2018 Impreso
Bolsas de intercambio UVIGO RR 25/01/2018 único 26/01/2018 16/02/2018 Secretaría virtual
Santander (Grao) RR 01/02/2018 único 02/02/2018 16/02/2018 Secretaría virtual
Libre mobilidade Normativa único 01/01/2018 31/12/2018 Secretaría virtual

Convocatoria aberta | Convocatoria pechada


Erasmus estudos


O programa Erasmus estudos Facilita cursar un período de estudos (un semestre ou curso completo) noutra universidade europea coa que exista o convenio correspondente, con total recoñecemento académico dos estudos realizados. Antes de comezar a estadía, débese cumprimentar o contrato de estudos ou “learning agreement”. Este documento, que debe ser aprobado e asinado polos coordinadores de mobilidade do centro propio e de destino, establece as materias cursadas na universidade de destino que serán recoñecidas localmente.

Máis información na ORI


Erasmus prácticas


O programa Erasmus prácticas oferta un mínimo de 65 prazas para realizar un período de prácticas (entre 2 e 12 meses) en empresas, centros de ensinanza superior, centros de investigación e outras organizacións doutro país europeo.

As prácticas terán que iniciarse no período comprendido entre o 03/09/2018 e o 31/01/2019.

Máis información na ORI


ISEP


O programa ISEP permite que estudantes de últimos cursos de grao (3º e 4º) ou de posgrao da Universidade de Vigo realicen nunha universidade estadounidense un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-deceembro/xaneiro ou xaneiro-maio/xuño) elixindo entre máis de 150 universidades e unha ampla gama de programas de estudos.

  • Requisitos académicos
    • Alumnado de grao: Estar matriculado no ano académico en que se realiza a solicitude en 2º, 3º ou 4º curso do grao.
    • Alumnado de mestrado/posgrao: Estar matriculado nalgún mestrado ou programa de Doutoramento.
  • Requisitos lingüísticos: Estar en posesión e con vixencia do TOEFL.

Máis información na ORI


GE4


A Oficina de Relacións Intemacionais (en diante ORI) da Universidade de Vigo participa no programa de intercambio co GE4 para as escolas de enxeñaría, dentro do acordo existente entre ambas as dúas institucións. O GE4 é unha asociación que ten como obxectivo promover os intercambios de excelencia de estudantes e docentes no ámbito da enxeñaría.

Os intercambios efectúanse en réxime de reciprocidade coas distintas universidades que forman a rede GE4. Nesta convocatoria ofértanse 3 prazas cuadrimestrais para o primeiro cuadrimestre do curso 2018-19. A Universidade de Vigo recibirá ao mesmo tempo un grupo de estudantes das universidades do GE4 que cursarán parte dos seus estudos nos centros da Universidade de Vigo.

O listado de prazas ofertadas para o curso 2018-2019 pódese consultar neste enlace.

Máis información na ORI


Bolsas de intercambio UVIGO


A Universidade de Vigo, dentro do seu programa de mobilidade internacional, financia mediante bolsas de intercambio propias, estancias de estudo (un semestre ou curso completo) en diversas universidades de todo o mundo en función dos distintos convenios establecidos.

O listado de prazas ofertadas para o curso 2018-2019 pódese consultar neste enlace.

Máis información na ORI


Bolsas Iberoamérica Grao Santander-Universidades


Estas bolsas están destinadas a alumnado de Grao para cursar un semestre ou un curso completo en determinadas universidades de América latina. Establécese como requisito académico ter superados 120 ECTs no momento de iniciar a estadía.

Esta bolsa pode ser compatible cunha bolsa propia para o mesmo destino. Poderían gozar da bolsa un cuadrimestre e a bolsa propia no seguinte cuadrimestre.

Máis información na ORI


Libre mobilidade


A Universidade de Vigo permite a realización de mobilidade internacional por iniciativa propia do alumnado, fóra dos programas oficiais de intercambio. Nestos casos, realizase unha estadía académica temporal noutra universidade estranxeira cursando un programa formativo compatible có da titulación da Universidade de Vigo, sen a concesión dunha praza de mobilidade dun programa oficial de intercambio. O programa formativo que se desenvolverá na universidade de destino ten que ser aprobado previamente polo coordinador de mobilidade do centro. No caso dos estudantes de Grao é necesario ter superados polo menos 60 ECTs antes de realizar a estadía.

Máis información na ORI