Campus del Agua

Programas de mobilidade

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída do alumnado propio e a acollida do alumnado externo (nacional e internacional). Tamén promove a mobilidade do seu PDI e PAS.

INFORMACIÓN SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE

Mª de las Nieves Lorenzo González

Coordinadora de Relacións Internacionais

+34 988 387 329
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A organización do Grao en Enxeñaría Aeroespacial, no que as materias optativas se cursan en terceiro e cuarto curso, suxire que é precisamente neste momento do seu plan de estudos cando o alumnado estará preparado para aproveitar adecuadamente as posibilidades de complementar os seus estudos que a mobilidade proporciona.

A estrutura cuadrimestral serve para facilitar a elección do periodo de estadía, anual ou cuadrimestral.

A mobilidade do estudantado está centrada nos programas SICUE, no ámbito nacional, e ERASMUS, no ámbito europeo, con algunha outra oferta máis puntual de intercambio con outros ámbitos xeográficos máis directamente xestionada dende a Universidade de Vigo (programa ISEP có continente americano, Convenios bilaterais).