Conferencia Os sistemas non tripulados como actividade industrial

O vindeiro xoves 6 de xuño de 2019, ás 18.00 h, continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A conferencia, terá lugar no salón de graos do Edificio Politécnico.

Será impartida por Antonio Monteagudo, Enxeñeiro de desenvolvemento da empresa INDRA.