Campus del Agua

Competencias

Competencias Básicas (establecidas polo RD 861/2010)
  Descrición
CB1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB2 Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3 Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4 Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5 Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Xenerais
  Descrición
CG1 Que o estudantado adquira coñecementos xerais en enxeñería de sistemas aéreos non tripulados.
CG2 Que o estudantado adquira coñecementos xerais en operación dos sistemas aéreos non tripulados.
CG3 Que o estudantado adquira a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito dos sistemas aéreos non tripulados e determinen a mellor solución tecnolóxica para a mesma.
CG4
Que o estudantado adquira o coñecemento para desenvolver sistemas aéreos non tripulados ou planificar operacións específicas, dependendo das necesidades existentes e aplicar as ferramentas tecnolóxicas existentes.
CG5 Que o estudantado coñeza e sexa capaz de aplicar os principios e metodoloxías da investigación como son as procuras bibliográficas, a toma de datos e a análise e interpretación dos mesmos, así como a presentación de conclusións, de forma clara, concisa e rigorosa.
Competencias Específicas
  Descrición
CE1 Que o estudantado coñeza os principais sistemas dunha aeronave non tripulada.
CE2 Que o estudantado coñeza as boas prácticas existentes na operación de sistemas aéreos non tripulados e saiban aplicar a normativa en vigor.
CE3 Que o estudantado entenda o funcionamento dos sistemas de comunicacións e navegación por radio dos sistemas aéreos non tripulados.
CE4 Que o estudantado coñeza os diferentes sensores embarcados nos sistemas aéreos non tripulados, así como os principais algoritmos de procesamento.
CE5 Que o estudantado entenda e saiba utilizar as diferentes técnicas de control de aeronaves non tripuladas existentes.
CE6 Que o estudantado coñeza as diferentes cargas útiles baseadas en sensores de pasivos (imaxe), así como os principais algoritmos de procesamento da información.
CE7 Que o estudantado coñeza as diferentes cargas útiles baseadas en sensores activos (LiDAR e RADAR), así como os principais algoritmos de procesamento da información.
CE8 Que o estudantado coñeza as principais aplicacións dos sistemas aéreos non tripulados no ámbito agrario e forestal.
CE9 Que o estudantado coñeza as diferentes operacións cos sistemas aéreos non tripulados na xestión de recursos naturais.
CE10 Que o estudantado coñeza os fundamentos dos compoñentes do sistema territorial e teñan capacidade de deseño de operacións para a xestión de datos na análise territorial.
CE11 Que o estudantado sexa capaz de proxectar, planificar, executar e xestionar, operacións e produtos de aplicación no ámbito de actuación das Enxeñerías civil, industrial, a arquitectura e o patrimonio.
CE12 Que o estudantado entenda e saiba utilizar as Técnicas de intelixencia artificial para procesado de imaxe e vídeo e as plataformas de cómputo para dispositivos aéreos non tripulados.
Competencias Transversais
  Descrición
CT1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
CT2 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
CT3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
CT4 Desenvolvemento do espírito innovador e emprendedor.
CT5 Habilidades de relacións interpersoais.
CT6 Capacidade de traballo en equipo.
CT7 Capacidade de organización e planificación.
CT8 Capacidade de análise e síntese.
CT9 Capacidade de razoamento crítico e creatividade.
CT10 Orientación á calidade e á mellora continua.