Campus del Agua

Calendario de Implantación

Unha vez valorada a proposta de verificación do título polo órgano competente na Xunta de Galicia e por ACSUG, procédese á implantación do titulo a través das seguintes accións:

  • Habilitar a matrícula segundo o plan de estudos verificado no curso 2018/2019.
  • Aprobar o persoal docente do título (segundo semestre do curso 2017/2018).
  • Elaborar e aprobar a guía docente do titulo e as guías docentes das materias (segundo semestre do curso 2017/2018).
  • Preparar a información e actualizar a páxina web do título (segundo semestre do curso 2017/2018).
  • Aprobar listaxes de estudantado admitido, excluído e de agarda (xullo 2018, setembro 2018).
  • Aprobar o regulamento de prácticas externas e de elaboración e defensa do TFM.
  • Comezar o curso académico 2018/2019 segundo o calendario fixado polas Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo.