Perfil de ingreso

Persoas tituladas universitarias en disciplinas científicas ou tecnolóxicas que desexen orientar a súa carreira profesional cara a empresas ou administracións públicas con interese nos sistemas aéreos non tripulados. Os ámbitos de interese deste colectivo poderán dirixirse cara á operación e cara á enxeñaría de sistemas.

Tendo isto en conta, consideranse perfil de ingreso recomendado ao Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados as persoas graduadas nas seguintes titulacións do SUG:

Especialidade: Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados (UVigo)

  • Graduado/a en Enxeñaría Aeroespacial
  • Graduado/a en Enxeñaría Industrial
  • Graduado/a en Enxeñaría en Tecnoloxías da Telecomunicación
  • Graduado/a en Enxeñaría Informática
  • Graduado/a en Física
  • Graduado/a en Matemáticas
  • Graduado/a en Enxeñaría da Enerxía

Especialidade: Aplicacións na Xestión dos Recursos da Terra (USC)

  • Graduado/a en Enxeñaría Forestal
  • Graduado/a en Enxeñaría Agrícola
  • Graduado/a en Enxeñaría Xeomática e Topografía
  • Graduado/a en Enxeñaría Civil
  • Graduado/a en Enxeñaría de Minas

 

Requisitos de acceso

Tal e como se recolle no Real Decreto 1393/2017, que establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, para acceder aos ensinos oficiais de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aquelas acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implica, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de mestrado.

 

Criterios de admisión

Os criterios de admisión ao título veñen definidos pola Comisión Académica, que avaliará a idoneidade das persoas candidatas preinscritas empregando o seguinte baremo:

  • Preferencia das titulacións do perfil de ingreso recomendado
  • Nota media de expediente académico de titulación de acceso (80%)
  • Experiencia profesional acreditada no sector (20%)