Campus del Agua

Xustificación

Xustificación do título de Grao


O título de Graduado ou Graduada en Enxeñaría Aeroespacial proposto pola Universidade de Vigo nace como resposta ás necesidades do entorno socioeconómico máis inmediato.

Trátase dun sector industrial que ten sido incipiente e atópase actualmente nun proceso de crecemento exponencial, sendo á vez un sector emerxente da tecnoloxía, da produción e do emprego. Os títulos vinculados a esta rama supoñen unha maior especialización con respecto á Rama Industrial, e resaltan por diferentes singularidades: a súa vinculación ao territorio, o seu sustento sobre tecnoloxías avanzadas, e a esixencia nos seus procesos produtivos, o que supón unha aportación especialmente valiosa á nova cultura industrial que se require para a reindustrialización de Galicia.

É un título moi demandado polos estudantes que acceden á universidade, sobre todo tendo en conta que na actualidade, o título de Graduado ou Graduada en Enxeñaría Aeroespacial impartese soamente en dez Universidades españolas. O título aparece como título especialista para cada módulo ou como título xeralista con mencións, como é o caso do proposto na Universidade de Vigo.

Demanda potencial e interese para a sociedade


A día de hoxe en Galicia ningunha das tres Universidades públicas existentes oferta a Titulación de Grao en Enxeñaría Aeroespacial.

Este título atópase entre os máis demandados polo estudantado, no só en Galicia, senon tamén en España (por exemplo, nota de corte de 10,248 na Universidade Politécnica de Madrid).

Polo tanto, planificouse unha oferta dirixida a un grupo de inicialmente ata 50 alumnos para atender deste xeito unha parte desa demanda de alumnado que desexa realizar estudos de Enxeñaría Aeroespacial en Galicia. Esa posible demanda non está satisfeita na actualidade.

Adecuación da proposta ás normas reguladoras do exercicio profesional


O título de Graduado ou Graduada en Enxeñaría Aeroespacial (mención Aeronaves ou mención Equipos e Materiais Aeroespaciais) habilita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Aeronáutico en cada un dos ámbitos indicados nas súas mencións: "Aeronaves" e "Equipos e Materiais Aeroespaciais", ao terse confeccionado có estrito cumprimento da normativa vixente.

A profesión de Enxeñeiro Técnico Aeronáutico, ao amparo da normativa recollida na Lei de Reordenación das Ensinanzas Técnicas, de 29 de abril de 1964 e Decreto-lei número 4, de 13 de febreiro de 1969 (R 292), é unha profesión regulada pola Lei 12/1986 de 1 de abril de regulación das atribucións profesionais dos Arquitectos e Enxeñeiros Técnicos, modificada pola Lei 33/1992, de 9 de decembro.